Eurotúnel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: lv:Lamanša tunelis
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ur:سرنگ رودبار انگلستان; cambios estética
Liña 2:
O '''Eurotúnel''' ou '''Túnel da Mancha''', denominado '''Channel Tunnel''' en [[Lingua inglesa|inglés]], ''le ''' tunnel sous la Manche''''' en [[Lingua francesa|francés]] e aínda alcuñado polos ingleses como '''The Chunnel''', é un [[ferrovía|túnel ferroviario]] que liga a [[Francia]] á [[Inglaterra]] por debaixo de auga. A súa construción foi bastante demorada e o inicio das obras sufriu algunhas falsas partidas até a súa inauguración en [[1994]]. É o segundo máis longo túnel ferroviario do mundo, apenas sobrepasado polo ''Túnel de [[Seikan]]'' no [[Xapón]].
 
== Tentativas anteriores ==
Unha ligazón entre a Francia e a Inglaterra xa fora proposta en diversas ocasións:
* En [[1802]], o enxeñeiro francés Matthieu Favier fixo unha proposta para a construción dun túnel: os pasaxeiros atravesarían o túnel en carruaxes puxadas por [[cabalo (animal)|cabalos]]; o camiño iluminaríase con lanternas de aceite e unha illa a medio do túnel fornecería ar fresco para os cabalos. O custo, mesmo nesa altura, sería dun millón de libras.
* En [[1875]], Peter Barlow, construtor do primeiro camiño de ferro subterráneo, suxeriu que se colocase un tubo de aceiro xigantesco flutuando sobre o canal. A idea rexeitouse.
* En [[1876]] lévanse a cabo extensos estudos xeolóxicos.
Liña 13:
Foi só despois do fin da [[Segunda Guerra Mundial]] que os técnicos consideraron que o coñecemento tecnolóxico existente era o suficiente para a construción do túnel e comezaron a darlle a debida atención.
 
== O túnel actual ==
=== Estudo ===
 
En [[1957]] formouse o ''Grupo de Estudo para o Túnel do Canal'' (Channel Tunnel Study Group). No seu relatorio, publicado en [[1960]], recomendábase a construción de dous túneles ferroviarios principais e un de servizo, menor. O proxecto iniciouse en [[1973]] mais, debido a problemas de financiamento, foi interrompido en [[1975]] cando xa estaban construídos 250 metros dun túnel de proba.
 
En [[1984]], a idea relanzouse cunha proposta conxunta dos gobernos inglés e francés, para a construción do túnel con fondos privados. Das catro propostas presentadas, foi escollida a que máis se semellaba ao anterior proxecto de 1973 e anunciouse ao público o [[20 de xaneiro]] de [[1986]]. O [[12 de febreiro]] de 1986, os gobernos dos dous países asinaron en [[Canterbury]] o ''Fixed Link Treaty'', que se ratificou en [[1987]].
 
O percorrido planeado ligaba [[Calais]] na Francia a [[Folkestone]] na Inglaterra. Na maior parte do seu percorrido, o túnel encóntrase a 40 metros abaixo do fondo do mar, sendo a sección sur máis fonda que a sección norte.
 
=== Construción ===
[[Ficheiro:Inside L'Shuttle through Channel Tunnel.jpg|thumb|Interior do Eurotúnel]]
 
A escavación do túnel demorou sete anos e empregou 15.000 traballadores, sendo as operacións conducidas simultaneamente dos dous lados. O contratista principal foi a ''TransManche Link'', un consorcio que englobaba 10 empresas e 5 bancos de ambos os países. Usáronse grandes máquinas, as chamadas ''tunnel boring machine'' (TBM). Estas máquinas eran auténticas fábricas móbiles que abriron o túnel, retiraban as terras e escoraban as paredes con [[betume]]. Cando as TBM’s se encontraron, sensibelmente a medio do túnel, a máquina francesa desmantelouse, en canto que a inglesa derivouse para as rochas e aí foi abandonada. Case 4 millóns de metros cúbicos de cal se escavaron só do lado inglés; a maior parte deitouse ao mar en ''Shakespeare Cliff'', perto de Folkestone, tendo roubado ao mar con iso perto de 360.000 m2.
 
O Túnel da Mancha está constituído por 3 túneles paralelos, dous principais ferroviarios e un máis pequeno, de acceso. Este túnel de acceso, que se emprega para vehículos máis pequenos, lígase aos outros a través de pasaxes transversais en intervalos regulares para permitir que os traballadores da manutención teñan acceso aos túneles principais e para fornecer unha saída de emerxencia en caso de accidente.
 
=== Detalles Finais ===
 
O encontro dos dous túneles 40 metros abaixo do solo do Canal da Mancha o [[1 de decembro]] de [[1990]], nun ''crosover'' (pasaxes que permiten trens pasar dun túnel a outro), tornou posíbel camiñar en terra seca de Inglaterra á Europa pola primeira vez desde o fin da última glaciación, máis de 13 mil anos atrás. Os ingleses e franceses, usando métodos de cálculo e investigación con [[láser]], encontráronse con menos de 2 cm de erro.
Liña 35:
O túnel inaugurouno oficialmente a Raíña británica Elisabeth II e o Presidente francés [[Franzois Mitterrand]], un [[6 de maio]] de [[1994]].
 
=== Estatísticas ===
 
O túnel posúe 50 km de lonxitude, sendo que 39 deles están debaixo do mar. A profundidade media é 40 metros abaixo do solo do mar. Abriuse para uso comercial aínda en 1994, e os trens cargan vehículos e pasaxeiros. Case 7 millóns de pasaxeiros fan a travesía de 35 minutos todo ano.
Liña 41:
A Sociedade Americana de Enxeñeiros Civís declararon o túnel unha das sete marabillas do mundo moderno.
 
=== Incendio ===
 
O único serio incidente no Eurotúnel aconteceu o [[18 de novembro]] de [[1996]], cando o lume se espallou nun tren transportando camións. Os pasaxeiros evacuáronse nun tren vido na dirección oposta. Ninguén morreu, debido á acción rápida das autoridades francesas e británicas, mais o fogo causou serios danos ao túnel e aos carrís, nun raio de 200 metros do accidente. O túnel reabriuse para uso limitado o [[21 de novembro]] do mesmo ano, mais o transporte de pasaxeiros ficou paralizado até o [[4 de decembro]].
 
=== Operación ===
[[Ficheiro:Waterloo international.jpg|thumb|right|300px| Estación ferroviaria de Waterloo]]
O túnel está xestionado por ''Eurotunnel plc''. Existen catro distintos tipos de servizo:
Liña 56:
A pesar de que os trens do ''Eurostar'' viaxaren en alta velocidade na Francia (onde os carrís son modernos e especialmente feitos para os trens TGV que viaxan á unha velocidade de 300 km/h) e dentro do túnel (a unha media de 160 km/h), a velocidade en terras inglesas, especialmente perto da cidade de Kent, limítase polos carrís de baixa velocidade usado polos trens. O goberno británico instituíu un proxecto (''Channel Tunnel Raíl Link'', Conexión de Carril ao Túnel do Canal, en [[Lingua galega|galego]]), con parte dos seus orzamentos vidos do goberno, cuxo obxectivo é construír unha liña de tren de Londres á entrada do túnel, especialmente dedicada aos trens de alta velocidade do ''Eurostar''. No final de [[2003]], aproximadamente a metade da liña estaba completa (sección de Kent a Cheriton).
 
=== Busca por Asilo ===
 
O túnel tornouse un medio popular en persoas que buscan asilo, coa esperanza de que as oportunidades de recibiren asilo sexan maiores no Reino Unido do que son na Francia, e entrando ilegalmente no Reino Unido. Houbo algunhas tentativas de tales persoas que tentaron camiñar ao longo do túnel ou entrar nos trens (de pasaxeiros) ilegalmente, mais a maioría prefire tentar esconderse en vagóns de carga ou en camións usando o túnel. En [[2002]] as autoridades británicas puxeron un sistema sofisticado de microfonía en Kent, esperando ouvir os batementos cardíacos ou a respiración de tales persoas. No comezo de 2003, o goberno británico presionou autoridades francesas a fecharen o centro para persoas que buscan asilo en Sangatte, que incentiva tales persoas a entrar ilegalmente no Reino Unido, na opinión dos británicos.
 
=== O Eurotúnel en Filmes ===
 
Dado o seu ''status'' como un dos maiores feitos de enxeñaría do século XX, é talvez sorprendente o feito de que o Eurotúnel non se tornou unha icona cultural (a pesar de ser unha das marabillas do mundo moderno tal como a Ponte Golden Gate, en [[San Francisco]]; ou o predio Empire State, en [[Nova York]]). O clímax do filme Misión Imposíbel, en que [[Ton Cruise]], encima dun vagón dun tren de alta velocidade, é capturado por un [[helicóptero]], dentro no que é supostamente o Eurotúnel.
 
Tal escena (xerada coa axuda de [[computador]]es) contén moitos erros (alén da clara imposibilidade de tal voo). Dous dos máis significantes erros son o uso dun TGV francés dentro do "Eurotúnel" -tales trens non operan no túnel- e mostrando un único túnel retangular con dúas liñas de tren. De feito, o Eurotúnel usa dous túneles fisicamente separados, para ambas as direccións de viaxe
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.eurotunnel.com/ Eurotunnel]
*[http://ww2.eurotunnel.com/rcs/etun/pb_english/en_wp_corp/en_fld_corp_about/en_fld_corp_us/index.jsp Channel Tunnel History]
Liña 119:
[[tr:Manş Tüneli]]
[[uk:Євротунель]]
[[ur:سرنگ رودبار انگلستان]]
[[vi:Đường hầm eo biển Manche]]
[[zh:英法海底隧道]]