Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG|thumb|240px|Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro]]
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en ([[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]], o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado o [[13 de abril]] de [[1972]]), foi un gaiteiro [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
 
===Xiras e retirada===
[[Ficheiro:Ogaiteirodesoutelo.JPG|thumb|leftright|O Gaiteiro de Soutelo por [[Castelao]]]]
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, [[Os Gaiteiros de Soutelo]], percorreu toda Galicia, así como [[Bos Aires]], [[Montevideo]], [[Brasil]] ou [[Barcelona]] ata que o comezo da [[Guerra Civil]] esfarelou o grupo: A [[Guerra Civil española]] sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A [[Cultural Obreira]] levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a [[Berlín]] para tocar nos [[Xogos Olímpicos]], decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
 
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).
 
===Outros labores===
En [[1969]] publicou o libro de poemas, ''Voando coas aas da vida'', con prólogo de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.
 
A discográfica galega [[Ouvirmos (discográfica)|Ouvirmos]] recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.
 
==LigazónsVéxase externastamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.galespa.com.ar/avelino_cachafeiro_vida.htm Galicia espallada]
* [http://www.forcarei.net/html/xentes/AvelinoCachafeiro.htm Xentes de Forcarei]