Laureano López Rodó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
aumentado desde es:Laureano López Rodó
Liña 1:
'''Laureano López Rodó''', nado en ([[Barcelona]] o [[18 de novembro]] de [[1920]] -e finado en [[Madrid]] o [[11 de marzo]] de [[2000]]), foi un político [[España|español]]. Membro do [[Opus Dei]].<br>
 
Estudou dereito en Barcelona, especializándose en Madrid. Entre 1945 e 1961 foi catedrático de dereito administrativo da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Entra en política en 1956 cando [[Luis Carrero Blanco|Carrero Blanco]] desígnao secretario xeral técnico da presidencia do goberno, posto que vai manter ata que en 1962 faise co posto de comisario do Plan de Desenvolvemento, que simultanea dende 1965 co posto de ministro sen carteira. Foi [[Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España|ministro de asuntos exteriores]] en 1973. Embaixador en [[Austria]] (1974-1977). Na Transición fundou o partido [[Acción Regional]] que se integrou en [[Alianza Popular]], pola que saíu deputado en 1977. En 1978 participou na redacción do Estatuto de Cataluña
==Traxectoria==
Estudou Dereito na [[Universidade de Barcelona]] doutorándose na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Central de Madrid]] trala [[Guerra Civil española|Guerra Civil]]. En [[1945]] obtivo a cátedra de Dereito Administrativo da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e en [[1961]] trasladouse a [[Madrid]].
 
Membro do [[Opus Dei]], está considerado como un dos principais propulsores da política económica de desenvolvemento da década de 1960 en España. A principios da década Franco confiou a política económica a un grupo de expertos que lle aconsellaron acabar coa [[autarquía]] e acercarse ao [[mercado común]], seguindo as recomendacións do [[Banco Mundial]] e o [[FMI]]. O grupo, coñecido como os "[[Movemento tecnocrático|tecnócratas]]" (termo despectivo utilizado por certos sectores do réxime criticando a súa falta de compromiso cos ideais do "Movemento"), sendo López-Rodó un dos principais membros. A súa carreira política estivo moi vencellada ao almirante [[Carrero Blanco]].
 
En [[1956]] foi nomeado Secretario Xeral Técnico da Presidencia de Goberno polo [[Ministerio da Presidencia de España|ministro da Presidencia]] Carrero Blanco, realizando unha reforma profunda da Administración Pública do Estado, ademais da creación da Escola Nacional de Administración Pública en [[1960]]. Entre [[1962]] e [[1973]], como Comisario do Plan de Desenvolvemento (cargo elevado á categoría de Ministro en [[1965]]), dirixiu a preparación e aplicación dos tres Plans de Desenvolvemento Económico e Social que significaron un importante crecemento da economía española.
 
En xuño de [[1973]], ao ser nomeado Carrero Blanco [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Goberno]], convertiuse en [[Ministerio de Asuntos Exteriores de España|Ministro de Asuntos Exteriores]], cargo no que só estivo uns meses, debido ao asasinato de Carrero en decembro dese ano. Entre 1974 e 1975 foi embaixador en [[Viena]]. Nas últimas Cortes franquistas formou un grupo parlamentario, o [[Grupo Parlamentario Regionalista]].
 
Despois da morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] participou no proceso de reforma política. Fundou o partido [[Acción Regional]], que apostaba polo rexionalismo fronte ao uniformismo do Estado propio do ideario franquista<ref>[[Jaime Cosgaya García|Cosgaya García, J.]]: [http://biblioteca2.uclm.es/biblioteca/ceclm/websCECLM/transici%C3%B3n/PDF/04-05.%20Texto.pdf ''La actividad política de Laureano López Rodó durante la transición a la democracia''], Instituto de Historia, CSIC.</ref>. Máis adiante, sacrificou dito partido para integrarse en [[Alianza Popular]] (coalición [[conservadora]] encabezada por [[Manuel Fraga]]), con miras a aglutinar o voto dun amplo sector da sociedade española. Porén, AP non logrou os resultados esperados nas primeiras eleccións democráticas de xuño de [[1977]], ás que López Rodó se presentara como cabeza de lista pola [[provincia de Barcelona]], resultando elixido deputado ao [[Congreso dos Deputados|Congreso]], participando activamente con enmendas na elaboración da [[Constitución española de 1978]], como membro da Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas.
 
Posteriormente foi elixido deputado por [[Barcelona]] no [[Parlamento de Cataluña]], integrando o grupo de vinte escollidos para redactar o [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979]]. En [[1979]] abandonou a política por desacordos con AP, reincorporándose á súa cátedra da [[Universidad Complutense de Madrid]] e ao exercicio da avogacía.
 
Posicionándose a favor da modernización do réxime franquista e da súa evolución cara a unha [[monarquía parlamentaria]] similar a outras [[democracia]]s occidentais, convertiuse nun dos máis firmes partidarios do nomeamento do [[Xoán Carlos I|Príncipe Xoán Carlos]] como sucesor do Xeneral Franco á fronte da Xefatura do Estado, á vez que facilitou o camiño á Lei para a Reforma Política.
 
Foi académico numerario da [[Real Academia de Jurisprudencia y Legislación]] (1984), da [[Real Academia de Ciencias Morales y Políticas]] (1963) e da [[Real Academia de Ciencias Económicas y Financieras]] (1979). Doutor ''honoris causa'' polas universidades de [[Universidade de Coímbra|Coímbra]] e [[Universidade de Aix-Marseille|Aix-Marseille]]. Membro numerario do Consello Superior de Investigacións Científicas (1953) e do Consello Internacional de Ciencias Sociais da [[Unesco]] (1981). Membro da Asociación Internacional de Dereito Comparado. Presidente do Comité Executivo do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas (1977 a 1983).
 
É autor dun gran número de publicacións, artigos e traballos sobre teoría política e xurídico-administrativa, así como importantes Anteproxectos e Proxectos de Lei.
 
==Notas==
{{referencias}}
 
==Bibliografía==
===Obras de López Rodó===
*''El Coadyuvante en lo Contencioso-administrativo'', Madrid, 1943
*''El Patrimonio Nacional'', Madrid, 1954
*''Justicia y Administración en el Reino Unido'', Madrid, 1958
*''Estructura y funciones de la Administración Financiera'', Madrid, 1963
*''La Administración Pública y las transformaciones socio-económicas'', Madrid, 1963
*''Política y Desarrollo'', Madrid, Aguilar, 1970
*''Nuevo horizonte del Desarrollo'', Aguilar, 1972
*''La larga marcha hacia la monarquía'', Barcelona, Noguer, 1977, 5ª, 691 pp.
*''Aspectos económicos y fiscales de la autonomía'', Barcelona, 1979
*''Las autonomías, encrucijada de España'', Aguilar, 1980
*''Estado y Comunidades Autónomas'', Abella, 1984
*''Testimonio de una Política de Estado'', Editorial Planeta, 1987
*''Memorias (I)'', Esplugues de Llobregat, Plaza & Janés, 1990, 1ª, 789 pp.
*''Memorias:(II) Años decisivos'', Espluges de Llobregat, Plaza & Janés, 1991, 1ª, 730 pp.
*''Memorias:(III) El principio del fin'', Esplugues de Llobregat, Plaza & Janés, 1992, 1ª, 736 pp.
*''Memorias:(IV) Claves de la Transición'', Plaza & Janés, 1993
 
===Sobre López Rodó===
*Cosgaya García, Jaime, [http://biblioteca2.uclm.es/biblioteca/ceclm/websCECLM/transici%C3%B3n/PDF/04-05.%20Texto.pdf ''La actividad política de Laureano López Rodó durante la transición a la democracia''], Instituto de Historia, CSIC.
 
{{Start box}}