Existencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Pag-iral; cambios estética
Liña 1:
'''Existencia''' (''existentia'', en Latín). En [[filosofía]] este termo ten dous significados básicos. Un sentido xeral asociado principalmente á [[Escolástica|filosofía cristiá medieval]] e outro máis específico propio das filosofías da existencia do século XX. No primeiro caso a ''existencia'' oponse á ''[[esencia]]'' e significa o feito de que algo sexa real. Neste sentido a existencia é aplicable a calquera [[ente]] ou propiedade dun ente que efectivamente esta aí, é dicir, que aparece aí como dado. Por exemplo, “esta árbore que está aí”. A filosofía existencial, en cambio, usa o termino existencia unicamente para referirse á realidade ''humana''. Esta última é unha realidade sempre individual e constantemente facéndose a si mesma, polo que non sería definible do mesmo xeito que se definen os outros entes. En consecuencia, respecto da existencia humana non ten sentido preguntar ''qué'' é, senón só ''cómo'' é. A primeira pregunta apuntaría á esencia, sempre fixa, compartida por todos os individuos dunha mesma [[especie]]. Pero a existencia humana, posto que a súa condición é a dunha realidade sempre inacabada, non pode nunca definirse como un caso particular dunha esencia común. Toda existencia humana é peculiar, propia de cada un e, como tal, só experimentable polo propio individuo no seu propio existir. Nesto residiría a condición fundamental do ser humano. De aí que a definición dun ser humano calquera afecte só a el, reflectindo a súa peculiaridade. No caso do ente humano, polo tanto, ou ben a súa esencia ven dada pola pura existencia ([[Martin Heidegger]]), ou ben a existencia precede á esencia ([[Jean-Paul Sartre]]).
 
O estudio da existencia humana efectuado por Heidegger en ''Ser e tempo'' recibe o nome de ''[[hermenéutica existencial]]'', e o efectuado por Sartre en ''O ser e a nada'' foi acuñado por este co nome de [[existencialismo]].
Liña 34:
[[sv:Existens]]
[[th:การดำรงอยู่]]
[[tl:Pag-iral]]
[[uk:Екзистенція]]
[[zh:存在]]