Suger de Saint-Denis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sl:Suger; cambios estética
Liña 3:
'''Suger''' foi un eclesiástico e estadista francés, nado en [[Chennevières-lès-Louvres]] en [[1080]] ou [[1081]] e morto en [[Saint-Denis (Seine-Saint-Denis)|Saint-Denis]] o [[13 de xaneiro]] de [[1151]].
 
== Biografía ==
Membro dunha familia de [[Servidume|servos]], tivo o privilexio durante a súa infancia de acompañar o rei [[Luís VI de Francia|Luís VI]] nunha súa visita á [[basílica de Saint-Denis|abadía de Saint-Denis]], na que ingresou cando tiña arredor de dez anos de idade. Logo de estudar no presbiterio de Estrées entre [[1094]] e [[1104]], para facerse monxe, voltou para a abadía de Saint-Denis, da que se convertiría abade de [[1122]] até [[1151]].
 
Gozando da total confianza de Luís VI, xogou un importante papel xunto el, próximo ao que hoxe denominaríamos un primeiro ministro: encarregado de misións diplomáticas no estranxeiro; conselleiro, nomeadamente para asuntos militares; foi el quen levou a [[Luís VII de Francia|Luís VII]], fillo do rei e logo rei, xunto súa futura esposa, [[Eleonor de Aquitania]], en [[1137]].
 
Suger converteuse en rexente da [[Francia]], entre [[1147]] e [[1149]] cando [[Luís VII de Francia|Luís VII]] partiu para a [[segunda cruzada]]. A súa volta, o rei proclamouno "Pai da Patria". Mais cando Luís VII suxire a idea de facer anular o seu matrimonio con Eleonor, Suger comprende o perigo e as consecuencias dun acto tal, tentando entón disuadir ao monarca. Só despois da morte de Suger, Luís VII leva a cabo a súa idea.
 
A súa [[tumba]] foi [[profanación|profanada]], durante a [[Revolución francesa|Revolución]], en [[1793]].
 
== Pensamento político ==
 
Suger actúa para reforzar la autoridade do [[rei]] francés, axudando ao monarca a conceder [[dereito]]s aos [[Burguesía|burgueses]]. O [[Capeto]] debe combater constantemente os señores rebeldes non interior do seu dominio, e malamente fai recoñecer o seu poder directo, a pesar dos seus [[feudo]]s. Suger coloca teoricamente o rei na cimeira da pirámide [[Vasalaxe|vasalática]]. Ten xa unha "certa idea da nación", xa que escribe: «''Non é nin xusto, nin natural que a Inglaterra estea submetida aos franceses ou que a Francia o estea aos ingleses''». Figura tamén entre os fundadores das ''grandes crónicas de Francia'', que constitúen a historia oficial da monarquía, pois redactou o primeiro volume consagrado a [[Luís VI de Francia|Luís VI]].
 
== Constructor da basílica gótica ==
 
Abade de [[Saint-Denis (Seine-Saint-Denis)|Saint-Denis]], Suger reempraza a antiga igrexa en ruínas, construída por [[Dagoberto]] cinco séculos atrás, pola actual [[basílica de Saint Denis|basílica]], que se beneficia dunha época de innovacións técnicas na construción, sendo o punto de partida do que, moito máis tarde, se denominará estilo [[Arquitectura gótica|gótico]]. Este [[templo]] permanece como un dos [[símbolo]]s da monarquía francesa, á par que foi o moimento sepulcral secular dos reis de Franza.
 
== Bibliografía ==
*Erwin Panofsky, «L’abbé Suger de Saint-Denis», in ''Architecture Gothique et pensée scolastique'', tradución e epílogo de Pierre Bourdieu. Paris. Éditions de Minuit, coll. «Le sens commun». 1967, pp. 7-65 ( tradución portuguesa ''O Abade Suger de S. Denis'', in Significado das Artes Visuais, 3).
*M. Bur, ''Suger, abbé de Saint-Denis, régent de France'', Perrin. 1991.
 
== Véxase tamén ==
* [[Teoloxía da Luz]]
* [[Basílica de Saint-Denis]]
Liña 53:
[[simple:Abbot Suger]]
[[sk:Suger]]
[[sl:Opat Suger]]
[[sv:Abbot Suger]]