Diferenzas entre revisións de «Ángel Pestaña»

+ datiños
m
(+ datiños)
''' Ángel Pestaña''', nado en (Santo Tomás de Ollas, [[Ponferrada]], [[Provincia de León|León]], o [[14 de febreiro]] de [[1886]] -e finado en [[Barcelona]], o [[11 de decembro]] de [[1937)]], foi un [[Anarcosindicalismo|anarcosindicalista]] e posteriormente Deputado ás Cortes.
 
==Traxectoria==
Orfo de pai desde moi novo, e sen chegar a coñecer á súa nai, viuse na obriga de gañarse a vida desde moi pequeno como reloxeiro. Con quince anos foi encarcerado durante tres meses en [[Sestao]] por unhas declaracións espontáneas nun mitin.
 
Tras viaxar polo norte de [[África]] e [[Francia]], Pestaña estableceuse en [[Cataluña]], converténdose nun activista [[anarquismo|anarquista]] local. Participou no congreso da [[Confederación Nacional do Traballo]] de 1918, sendo elexido por unanimidade como o redactor-xefe de ''[[Solidaritat Obrera (periódico)|Solidaritat Obrera]]'', periódico da organización. Baixo a súa dirección, o periódico fixo unha campaña moi ofensiva contra a forza local da policía, acusando ó seu líder de estar a soldo da [[Imperio Alemán|AlemaniaAlemaña imperial]].
 
O 2 de abril de 1919, despois de que as [[folga de La Canadiense|protestas de La Canadiense]] sacudisen Cataluña, foi arrestado e detido e o periódico prohibido. Foi á [[Rusia]] [[bolcheviquebolxevique]] en marzo de 1920, para presentarse na [[Segunda Internacional]] e nas sesións preliminares da [[Internacional Sindical Vermella]], coñecendo a [[Lenin]], [[Lev Trotski|Trotski]], [[Grigory Zinoviev]], [[Karl Radek]] e outros líderes bolcheviquesbolxeviques. Ó regreso foi detido outra vez.
 
Xunto ó seu mentor [[Salvador Seguí]], Pestaña opúxose ós actos [[terrorismo|terroristas]] defendidos e realizados por outros membros da CNT. En agosto de 1922 foi víctima dun intento de asasinato mentras daba un discurso en [[Manresa]], como parte das medidas de represión violenta tomadas polas autoridades españolas. A indignación que causou a través de España a noticia deste feito provocou a destitución de varios cargos gubernamentais, así como a fin da lexislación que validara o asasinato de activistas [[sindicato|sindicalistas]].
Despois da proclamación da [[Segunda República]] en 1931, o conflito entre Pestaña e a FAI profundizouse: Pestaña iniciou a aplicación do [[Manifesto dos Trinta]], unha condena clara das tácticas da FAI, co que conseguiu ser expulsado da CNT en agosto. Fundou o [[Partido Sindicalista]] a finais de 1932.
 
O partido adheriuse á [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], e Pestaña foi elexido para as [[Cortes Xerais]] nunha plataforma de fronte en 1936, como un dos dous representantes do partido (obtivo un escano por [[Provincia de Cádiz|Cádiz]]). En outubro, xa iniciada a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], foi designado subcomisionado xeral para a guerra, pero tivo que dimitir por motivos de saúde en decembro. Morreu pouco despois, desintegrándose axiña o seu partido.
 
==Obra==
*''Terrorismo en Barcelona'' (Escrito en [[1923]] e publicado en [[1979]]).
*''Setenta días en Rusia'' ([[1924]]).
*''Lo que aprendí en la vida'' ([[1933]]).
*''Por qué se constituyó el Partido Sindicalista'' ([[1935]]).
 
{{Sucesión | título = [[Secretario Xeral da CNT]] | período = 1929 - 1929 <br /> 1930 - 1932 | predecesor = [[Joan Peiró]] <br /> [[Progreso Alfarache]] | sucesor = [[Juan López]] <br /> [[Manuel Rivas (anarcosindicalista)|Manuel Rivas]]}}
 
[[Categoría:Anarquistas|Pestaña, ÁngelAngel]]
[[Categoría:Secretarios Xerais da CNT|Pestaña, Angel]]
 
[[ca:Ángel Pestaña Núñez]]