Abrir o menú principal

Cambios

arranxiños
'''Avelino López Otero''', nado en [[Acevedo, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín|Acevedo]] (actualmente do concello de [[Ribeira de Piquín]] daquela pertencente ao concello de [[Meira]]), en [[1903]] -e asasinado en [[1936]]), foi un xornalista e político galego.
 
==Traxectoria==
Naceu no lugar de Acevedo (entón no concello de [[Meira]]), licenciouseLicenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a [[Cuba]] instalouse na [[Coruña]], onde foi correspondente de ''[[El Pueblo Gallego]]'', dirixiu en Lugo o semanario republicano ''Guión'' (1930), membro da [[masonería]] traballou como secretario do seu irmán, o político [[César López Otero]] e con el foi o promotor da constitución do concello de [[Ribeira de Piquín]], constituído o [[5 de marzo]] de [[1935]]. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para a Asemblea que convocara o concello de [[Santiago de Compostela]] en [[1932]] e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Foi secretario xeral do [[Partido Republicano Gallego]] (1934-1935).
 
Foi asasinado polos sublevados ó comezar a [[Guerra Civil]].