Illas Gambier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 28:
==Illas==
Componse de catro illas volcánicas, un [[atol]], e varios illotes.
===[[Mangareva]]===
Mangareva é a illa principal de Gambier, coa capital Rikitea ao pé do Monte Duff a 441 metros de altitude. É a única illa habitada do arquipélago na actualidade. Descubriuna o inglés James Wilson, que a chamou ''Peard''.
 
A 45 minutos con barca ao nordés, atópase o illote Totegegie, de 4 km, onde se atopa o aeroporto das illas.
===[[Taravai]]===
Taravai, situada a 1,5 km ao suroeste illa de Mangareva, ten unha superficie de 5,3 km² e 256 metros de altitude. Historicamente, tamén recibiu o nome de ''Belcher''. Antigamente, 2.000 habitantes poboaron a illa, pero na actualidade está deshabitada, con algún residente esporádico. Nela atópanse os restos da igrexa de Sant Gabriel.
 
Hai varios illotes preto da illa: Agakauitai, cunha superficie de 0,7 km² e 146 m. de altitude, Kamaka, Makupu, Makaroa, e Manui.
===[[Akamaru]]===
Akamaru ten unha superficie de 1,5 km² e 246 metros de altitude. Atópase a 7 km ao sueste da illa de Mangareva. Antigamente recibiu o nome de ''Wainwright''. Nesta illa Laval e Caret celebraron a primeira misa. Na actualidade a illa recibe visitas esporádicas polos habitantes de Mangareva para recoller as suas laranxas.
 
Na costa noroeste atópase o illote de Mekiro.
===[[Aukena]]===
Aukena sitúase a medio camiño entre Mangareva e Akamaru. Ten 1,5 km², e antigamente recibiu o nome de ''Elson''. Nesta illa construíuse a primeira iglesa, a de San Rafael, e un colexio. Ten unha espléndida praia de area branca.
===[[Temoe]]===
Temoe, tamén chamada Timoe, é un [[atol]] situado a 50 km ao sueste de Mangareva. Antigamente recibiu o nome de ''Crescent''. Atópase un templo polinesio relacionado coas illas Marquesas. No ano 1838 os misioneiros tiveron que trasladar toda a poboación a Mangareva para facer os traballos de construcións de monumentos.
 
[[Categoría:Illas e arquipélagos]][[Categoría:Polinesia Francesa]]
 
[[bg:Гамбе]]