Diferenzas entre revisións de «Baía de Hudson»

m
bot Engadido: cy:Bae Hudson; cambios estética
m (bot Engadido: lv:Hudzona līcis)
m (bot Engadido: cy:Bae Hudson; cambios estética)
* Coordenadas xeográficas: 78° a 95° W, 51° a 70° N
 
== Historia ==
Esta baía leva o nome do explorador inglés [[Henry Hudson]] que, en 1610, quedou alí atrapado entre os xeos co seu buque ''Discovery''. A baía de Hudson está historicamente asociada coa loita franco-inglesa por América do Norte nos séculos [[Século VII|XVII]] e [[Século XVIII|XVIII]], pois daba acceso aos vastos territorios de comercio de peles nos que cada país quería conseguir a exclusividade. Os franceses, establecidos no val do San Lorenzo (Nova Francia), enviaron a miúdo expedicións para desaloxar os postos de tratado de peles que os Ingleses erixiran alí baixo a protección da [[Compañía da Baía de Hudson]]. Os ingleses fixeron o mesmo cos postos franceses. A situación non se solucionou ata logo da cesión deste territorio á [[Gran Bretaña]] en [[1713]] polos [[Tratado de Utrecht|Tratados de Utrecht]].
 
== Xeografía física ==
A baía de Hudson ten preto de 1.000 km de anchura e 700 km de norte a sur e a súa conca é pouco profunda: a súa profundidade media é de 125 m e é inferior a 80 m ata 100 km da costa. O fondo é xeralmente pouco accidentado soamente con algunhas depresións e bancos pouco profundos. A razón é que foi formada durante a última [[glaciación]] polo "cepillado" do [[Escudo Canadense]] durante o [[Pre-Cambriano]] polos [[glaciares]].
 
O fluxo das augas das Illas Árticas ao norte da baía e das augas que proveñen de numerosos ríos como o Churchill e o Nelson, manteñen na baía un nivel máis elevado de auga doce que o nivel medio dos mares. As súas augas vértense cara ao océano Atlántico polo angosto Estreito de Hudson. Por mor deste estreitamento, e o tamaño excepcional da baía, a masa de auga pode dar moitas veces a volta antes de saír.
 
A xeada da baía prodúcese en [[outubro]] e persiste ata [[xuño]] aínda que se forman aberturas no xeo, ata durante o máis frío do inverno, baixo o efecto do vento. O contraste entre estas augas expostas ao aire libre cuxa temperatura é de aproximadamente -2 °C e o aire ambiente moito máis frío baixo as aberturas, xera precipitacións de neve importantes pero moi localizadas.
 
Tralo desxeo, prodúcese unha circulación marítima limitada. Ademais dos [[kayak]]s [[Inuit]]s, os botes amerindios e barcos de cabotaxe de todo tipo, as embarcacións da Garda Costeira canadense abren canles no xeo e abastecen aos pobos costeiros. Algunhas embarcacións de altura tamén fan escala en Churchill (lago Manitoba) para o transporte do trigo que provén das Praderías canadenses.
 
== Fauna ==
As especies de peixes máis abundantes son o salvelino ''(salvelinus alpinus)'' ou troita ártica, o capelán ''(mallotus villosus)'', o bacallau polar ''(boreogadus saida)'' e o bacallau de Groenlandia ''(gadus ogac)''. Preto de 20.000 [[beluga]]s ''(delphinapterus leucas)'' ou baleas brancas, pasan o verán ao longo da costa oeste da baía; os grupos do estuario do río Nelson son probablemente os máis importante do mundo.
 
As marismas da baía de Hudson son frecuentadas por algunhas das poboacións máis importantes de aves acuáticas. En particular aniñan alí as famosas barnaclas canadenses ''(Branta canadensis)'' e unha das poboacións máis importantes do mundo de [[Falcón peregrino|falcóns peregrinos]].
 
== Flora ==
As terras ribeiregas da baía cobren 324.000 km², son relativamente chairas e cubertas de ciénagas acedas. A baía de Hudson sitúase en xeral ao norte do límite das árbores. A vexetación ao sur é de tipo ''muskeg'', unha mestura de turba con algunhas árbores. Os índios [[Cree]] chámano ''wiinipekw'', auga cenagosa, o mesmo nomee que para o [[lago Winnipeg]]. Avanzando cara ao norte da baía atopamos a [[tundra]] e o [[permafrost]] onde o mercurio está a maior parte do ano bastante por baixo do punto de conxelación.
 
== Referencias ==
{{Listaref}}
 
[[ca:Badia de Hudson]]
[[cs:Hudsonův záliv]]
[[cy:Bae Hudson]]
[[da:Hudsonbugten]]
[[de:Hudson Bay]]
76.332

edicións