Linguas na-dené: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Na-Dene langs.png|250px|thumb|right|Distribución das linguas na-dene]]
 
'''Na-dené''' (ou '''na-dene''', '''nadene''', '''atapascano-eyak-tlingit''') é unha familia de linguas do noroeste do [[Norte de América]].

==Características==
Está conformada polas linguas [[tlingit]], [[haida]], [[eyak]] e o conxunto de [[linguas atapascanas]], como o [[apache]], o [[navajo]] e o [[chipewa]], entre outras, aínda que non exista unanimidade entre os lingüistas; así, por exemplo, o [[lingua haida|haida]] hai quen non o considera dentro desta familia. En febreiro de 2008 publicouse un estudo que unía a familia na-dené coa lingua [[lingua ket|ket]], pertencente ás [[linguas ieniseianas]][http://www.uaf.edu/anlc/dy2008.html]. Son [[linguas tonais]].
 
De acordo cunha controvertida hipótese do lingüista ruso [[Sergei Starostin]], a familia na-dené é parte da [[Linguas dene-caucasinas|macrofamilia dené-caucásica]], que incluiría ademais ás linguas [[Linguas sino-tibetanas|chino-tibetanas]], ás [[linguas caucásicas setentrionais|norcaucásicas]], ás [[linguas ieniseianas]] e ao [[éuscaro]].
Esta idea xa fora considerada un século antes por [[Edward Sapir]]. O profesor [[Edward Vajda]], da Western Washington University, pensa que as linguas na-dené si están relacionadas coas linguas ieniseianas da [[Siberia]][http://www.uaf.edu/anlc/docs/vajda-2008.pdf]. [[Joseph Greenberg]] dicía que as linguas na-dené orixináronse nunha migración específica de [[Asia]] a América fai oito ou seis mil anos, diferenciada da migración [[Linguas esquimó-aleutinas|esquimó-aleutina]] e do resto dos [[amerindios]].
 
==LigazónsVéxase externastamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.proel.org/mundo/nadene.htm Familia Na-dené]
*[http://www.ethnologue.com/show_family.asp?subid=91095 Na-Dené]