Mancomunidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
A cuarta parte do territorio galego corresponde a monte veciñal en mancomún (unhas 700.000 hectáreas xestionadas por 2800 comunidades de montes)<ref>[http://mediorural.xunta.es/forestal/montes_man_comun/index.php Montes veciñais en man común.]</ref>. Ademais este réxime supón o 34% da superficie forestal, o resto son de propiedade privada individual<ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. [http://www.egu.es/ Versión en liña.]</ref>.
 
As mancomunidades de montes legalízanse ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común actualmente vixente e o artigo 47 do seu Regulamento (Decreto 260/1992). O proceso para formación consta de tres fases:
 
Primeira.- Convocatoria ás comunidades de montes da bisbarra a unha xuntanza, da que se levantará unha Acta de Constitución asinada por triplicado polas comunidades de montes asistentes e na que debe figurar o acordo de constituír a mancomunidade e a elección dunha Xunta Xestora que cando menos estará formada polo presidente e dous vocais facendo as funcións de secretario e tesoureiro. A Xunta Xestora ten que ir elaborando o borrador dos estatutos da mancomunidade.