Algas vermellas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
m referencias
Pexego (conversa | contribucións)
taxobox
Liña 1:
{{Botánica en progreso}}
{{Taxobox
| color = #{{taxobox color|[[Plant]]ae}}
| name = Algas vermellas
| image = Haeckel Florideae.jpg
| image_width = 240px
| domain = [[Eukaryota]]
| phylum = '''Rhodophyta'''
| phylum_authority = [[Richard Wettstein|Wettstein]], 1922
| subdivision_ranks = Clase
| subdivision =
*[[Rhodophyceae]]}}
A división ou filo '''Rodhophyta''' integra o que coñecemos vulgarmente coma algas vermellas. Probábelmente constitúen un dos grupos de algas eucariotas máis antigos. Semella que teñen moitas características comúns coa división [[Glaucophyta]]. Son un grupo homoxéneo, xa que somentes contén unha clase sistemática, [[Rhodophyceae]], e que conta con aproximadamente unhas 5.000 especies de auga mariña na súa meirande parte. As especies dulceacuícolas adoitan atoparse en ambientes lóticos. A maioría das rodofíceas son pluricelulares, e só coñecemos uns once xéneros unicelulares.
Os principais pigmentos fotosintéticos son a [[clorofila a]] e [[clorofila d|d]], e as veces incluso poden presentar [[clorofila e]]. O pigmento carotenoide por excelencia é a [[zeaxantina]]. Mais os pigmentos caracteristicos deste grupo botánico constitúeno as chamadas [[ficobiliproteínas]], que forma parte dos ficobilisomas.
Como substancia de reerva empregan o [[floridósido]], e a longo prazo acábano por transformar nunha substancia amilácea chamada [[amidón de florídeas]].
 
[[Ficheiro:Haeckel_Florideae.jpg|thumb|right|200px|'''Algas Vermellas''']]
 
Neste grupo atópanse a maioría das algas que secretan [[carbonato de calcio]] e cumpren un rol maior na formación dos arrecifes de coral. Algunhas algas vermellas, por exemplo a [[dulse]] ou o [[nori]], son empregadas como alimento e para producir [[Agar-Agar|agar]], [[carraxenano]]s e outros aditivos alimenticios.