Ácido nucleico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
O descubrimento dos ácidos nucleicos débese a [[Friedrich Miescher|Miescher]] que na década de 1860 illou dos [[núcleo celular|núcleos das células]] unha substancia ácida á que chamou ''nucleína'', nome que posteriormente se cambiou a ácido nucleico.
 
==Tipos==
Existen dous tipos de ácidos nucleicos: [[ADN]] (ácido desoxirribonucleico) e [[ARN]] (ácido ribonucleico), que se diferencian en:
* O monosacárido ([[pentosa]]) que conteñen: a [[desoxirribosa]] no ADN e a [[ribosa]] no ARN.
Liña 13 ⟶ 14:
A unión formada pola pentosa e a base nitroxenada denomínase [[nucleósido]].
 
==ADN==
O ADN é bicatenario, está constituído por dúas cadeas polinucleotídicas unidas entre si en toda a súa lonxitude. Esta dobre cadea pode disporse en forma liñal (ADN do núcleo das células eucarióticas) ou en ''forma circular'' (ADN das células procarióticas, así como das mitocondrias e cloroplastos eucarióticos). A molécula de ADN porta a información necesaria para o desenvolvemento das características biolóxicas dun individuo e contén as mensaxes e instrucións para que as células realicen as súas funcións.
 
==ARN==
O ARN difire do ADN en que a pentosa dos nucleótidos constituíntes, en lugar de desoxirribosa é ribosa, e en que en lugar das catro bases A, G, C, T aparece A, G, C, U, (é dicir, uracilo en lugar de timina). As cadeas de ARN son máis curtas que as de ADN. O ARN está constituído case sempre por unha única cadea (é monocatenario).