Ventosela, Redondela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Xas (conversa | contribucións)
formato
Liña 10:
|entidades = 2
}}
 
'''San Martiño de Ventosela''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Redondela]]. Segundo o [[IGE]] en 2007 tiña 714 habitantes (353 homes e 361 mulleres), 9 máis que no ano anterior. Están distribuídos en 2 entidades de poboación (349 en Castiñeira e 365 no Vilar do Mato. Ten unha superficie de 8 km².
 
Liña 36 ⟶ 37:
A aldea tamén conta cunha asociación para as festas patronais de San Martiño en novembro. Ademais da habitual misa e romaría nestas festas tamén se organiza un magosto e un concurso tradicional de trompos. Esta tradición comezou a mediados dos 80 xusto no inicio do revival das festas tradicionais en Galicia sobre todo daquela era unha festa que congregaba a varios miles de persoas e mesmo en ocasións a [[TVG]].
 
Esta aldea, malia estar a só 13 quilómetros de Vigo, carecía de moitos servizos básicos ata ben mediados os 80 (asfaltado das estradas, teléfono) e mesmo comezos dos 90 (sumidoiros e recollida municipal de lixo).
 
Por estes motivos no pasado existían varias asociacións para cubrir varias destas carencias, algunha xa extinguida coma a da limpeza de cunetas e outra ben vixente coma é a da Comunidade de Augas. Os veciños sufragaron e construíron os depósitos comúns e as canalizacións polo que mesmo aínda hoxe e malia presións das compañías subcontratadas polos concellos, os habitantes da parroquia non pagan auga.
 
Finalmente existe unha Sociedade De Socorro Mutuo dos veciños das Parroquias de Ventosela e Dodo Viso. O principal obxectivo era o de compensar aos labregos pola morte dos seus animais. Porén, se ben ata hai vinte anos tódalas casas eran socios, na actualidade moi poucas casas seguen a ter animais polo que a súa supervivencia é esencialmente testemuñal.
 
==Lugares e Parroquias==
===Lugares de Ventosela===
{{Lp Ventosela, Redondela}}