Forges: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Antonio Fraguas de Pablo''', coñecido como '''Forges''' é un humorista gráfico español, colaborador habitual do diario El País, nado en [[Madrid]] o [[17 de xaneiro]] de [[1942]]), é un humorista gráfico [[España|español]], colaborador habitual do diario [[El País]].
 
==Biografía==
 
==Traxectoria==
Fillo de nai catalá e pai galego, pasou a súa infancia nunha ampla familia na que é o segundo de nove irmáns. Foi un mal estudante, pero un gran lector de [[Richmal Crompton]] e os seus libros sobre Guillermo Brown. Cursou estudos de Enxeñería de Telecomunicación e Ciencias Sociais. En [[1956]], con só 14 anos, comeza a traballar como técnico de telecine en [[TVE|Televisión Española]] e como mesturador de imaxe desde [[1962]]. Abandonou a plantilla de [[TVE]] sendo Coordinador de Estudo en [[1973]] para dedicarse profesionalmente ó humorismo gráfico. Publicara o seu primeiro debuxo en [[1964]] no [[diario Pueblo]], da man de [[Jesús Hermida]], e logo pasou a ''Informaciones''. [[Jesús de la Serna]] encomendoulle o chiste editorial; en [[1970]] comenza a colaborar en ''Diez Minutos'' e traballa nas revistas de humor ''Hermano Lobo'' e ''Por Favor''. Fixo o servizo militar como furriel de artillería, casou e tivo tres filas e un fillo. Publicou o chiste editorial en ''Diario 16'' e posteriormente en ''El Mundo'', pero deixou este xornal, do que fora un dos fundadores, e pasou a asinar o chiste editorial de ''El País'', para o que continúa publicando o seu chiste diario an actualidade. Ademais posúe seccións de humor gráfico nas revistas [[Lecturas]], [[Jano]] e [[El Jueves]].
 
Dirixiu dúas películas (''País S.A.'', [[1975]], e ''El Bengador Gusticiero y su pastelera madre'', 1977) e 4 series de humor en televisión, ''El Muliñandupelicascarabajo'' ([[1968]]), ''Nosotros'' ([[1969]]) e ''24 horas aquí'' ([[1976]]), en [[TVE]]; e ''Deforme semanal'' ([[1991]]), en [[Telemadrid]] co seu irmán [[José María Fraguas]]. Na radio participou en programas como [[Protagonistas]], [[La Ventana]] e actualmente en [[No es un día cualquiera]], de RNE, con [[Pepa Fernández]], e en "La Ventana", de [[Gemma Nierga]], na [[Cadena SER]].