Johann Joachim Winckelmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: he:יוהאן יואכים וינקלמן; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Johann Joachim Winckelmann (Raphael Mengs after 1755).jpg|thumb|Johann Joachim Winckelmann por [[Raphaël Mengs|Anton Raphaël Mengs]], despois de 1755]]
 
== Biografía ==
'''Johann Joachim Winckelmann''' ([[1717]] - [[1768]]) pode ser considerado como o fundador da [[Historia da Arte]] e un dos fundadores da [[arqueoloxía]] como disciplinas científicas modernas.
 
Nado en [[Stendal]] no Leste de [[Alemaña]], nunha familia humilde (o seu pai era zapateiro), converteríase nun experto mundial na arquitectura da [[Antigüidade]] e no principal teorizador do movemento [[neoclasicismo|neoclásico]]. Mais os comezos da súa carreira foron de feito modestos. Pasou varios anos como preceptor de fillos de familias nobres. Posteriormente en [[1748]], conseguiu facerse empregar como bibliotecario dun conde alemán. Grazas a este, abríronselle as portas á contemplación da fabulosa colección de arte do duque de [[Saxonia (Alemaña)|Saxonia]].
 
Publica entón en [[1755]] a súa obra ''Reflexións sobre a imitación das obras gregas na pintura e na escultura'' que terá atención internacional. Mais non tiña outra paixón que viaxar a [[Roma]] para estudar as obras artísticas da Antigüidade ''in situ''. Converteuse ao catolicismo, tendo éxito ao atinxir ser convidado a traballar sobre a colección de obras antigas da corte pontificia. Nos anos seguintes publicou numerosas obras que marcan as teorías estéticas da época. Adversario encarnizado do [[Barroco]] e do [[Rococó]], estaba convencido de que a « beleza ideal » constitúe unha realidade obxectiva que pode se descuberta a través do contacto frecuente con as grandes obras da Antigüidade, nomeadamente as gregas. O seu coñecemento íntimo e prodixioso de tales obras, adquirido principalmente mentres traballaba no [[Vaticano]] e cando as escavacións de [[Pompeia]], foi posto ao servizo do que coidaba a súa misión: formar o [[gusto]] da elite intelectual occidental. A fórmula que acuña para caracterizar a esencia da arte grega: "calma serena e grandeza tranquila", vai inspirar xerazóns de artistas e arquitectos posteriores, como [[Benjamin West]] e [[Jacques-Louis David]]. A súa obra principal foi a [[Historia da Arte da Antigüidade]] (1764).
 
Baseándose nos traballos do [[Anne-Claude de Tubières, conde de Caylus|Conde de Caylus]], do que recoñeceu unha importante influencia, contribuíu a facer da [[Arqueoloxía]] unha ciencia antes que un pasatempo de rico coleccionista.
Mentres facía unha parada en [[Trieste]], despois dunha última estancia en Italia, o 8 de xuño de 1768, Winckelmann foi asasinado, na cama da pousada, por un veciño do cuarto, ([[Francesco Arcangeli]]), a quen lle mostrara medallas antigas que a Emperatriz [[María-Teresa I de Austria-Hungría|María-Teresa]] lle doara. Foi sepultado na catedral de Trieste.
 
== Obras ==
#''Gedanken über die Nachahmung der griechischen Werke in der Malerei und Bildhauerkunst'' ("Reflexións sobre a imitación das obras gregas na pintura e na escultura)(1ª edición de só 50 exemplares en 1755, 2ª edic. 1756).
#''Description des pierres gravées du feu Baron de Stosch'' (Descrición das pedras gravadas do defunto Barón de Stosch) (1760).
#''Anmerkungen über die Baukunst der Alten'' ("Observacións sobre a Arquitectura dos antigos"), incluíndo un informe sobre os templos [[Paestum]], [[Sicilia]], (1762).
Liña 40:
[[fi:Johann Joachim Winckelmann]]
[[fr:Johann Joachim Winckelmann]]
[[he:יוהןיוהאן יואכים וינקלמן]]
[[hu:Johann Joachim Winckelmann]]
[[it:Johann Joachim Winckelmann]]