Johann Joachim Becher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: he:יוהאן יואכים בכר; cambios estética
Liña 1:
'''Johann Joachim Becher''' ([[6 de maio]] de [[1635]] – outubro de [[1682]]), foi un médico, alquimista, economista e aventureiro alemán, coñecido por ser o pai da [[teoría do floxisto]].
 
Naceu en [[Speyer]], seu pai pastor da [[Igrexa Luterana|luterano]] morreu mentres el era neno, deixando á súa nai viúva con tres nenos. Becher tivo que se dedicar a procurar sustento para a súa familia traballando nos máis variados oficios desde os trece anos, polas noites dedicábase a estudar. En 1654, ós dezanove anos, publicou unha edición do ''Tractatus de lapide trismegisto'' de Salzthal. En 1600 publicou ''Metallurgia'', nos anos seguintes seguiron ''Character pro notitia linguarum universali'', na que establecía un corpus de 10,000 palabras que se podían usar como [[lingua universal]]. En 1663 publicou ''Oedipum Chemicum'' e un libro sobre animais, plantas e minerais (''Thier- Kräuter- und Bergbuch'').
 
Profesor de medicina da [[Universidade de Mainz]] desde 1657 e médico persoal do arcebispo-elector. Economista cameralista, obtivo do [[emperador Leopoldo I]] a creación do Consello de Comercio de Viena, e mesmo proxectou a creación dunha Compañía Oriental de Comercio, pero o sitio de Viena en 1683 fíxoo imposible. Nunha misión que lle encomendara o emperador nos [[Países Baixos]] escribiu en dez días ''Methodus Didactica'', ó que lle seguiu ''Regeln der Christlichen Bundesgenossenschaft'' e ''Politischer Discurs von den eigentlichen Ursachen des Auf- und Abnehmens der Städte, Länder und Republiken''. En 1669 publicou ''Physica subterranea''.
 
Entrementres o elector de [[Baviera]] nomeouno o seu médico persoal pero en 1670 estaba de novo en Viena. En 1678 cruzou [[Inglaterra]], viaxou por [[Escocia]], onde visitou minas por encargo do [[Príncipe Ruperto do Rin|Príncipe Ruperto]] e despois estivo en [[Cornualles]] durante un ano co mesmo propósito. En 1682 volveu a [[Londres]], onde escribiu ''Chymischer Glücks-Hafen, Oder Grosse Chymische Concordantz Und Collection, Von funffzehen hundert Chymischen Processen'' e alí morreu en outubro dese ano.
Liña 9:
Becher foi o pai da teoría do floxisto, baseada na crenza de que cando unha substancia arde, outra, a ''terra pinguis''. Este concepto sentou as bases para que [[Georg Stahl]] deducira a teoría do floxisto.
 
== Fontes ==
*Este artigo incorpora texto da Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, unha publicación agora no dominio público.
*{{cita libro|autor=Pamela Smith|título=The Business of Alchemy: science and culture in the Holy Roman Empire|publicación=Princeton:Princeton University Press|ano=1994}}
 
Liña 22:
[[es:Johann Joachim Becher]]
[[fr:Johann Joachim Becher]]
[[he:יוהןיוהאן יואכים בכר]]
[[ja:ヨハン・ベッヒャー]]
[[ko:요한 요아힘 베커]]