Arte pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
==O Pop en América==
[[File:La Cara de Barcelona - 001.jpg|thumb|left|150px|''A cara'' ([[1992]]), [[Roy Lichtenstein]]]]
En [[Sudamérica]] o Pop entra en escena e arraiga con máis forza ca en ningún outro lugar, a pesar das reticencias dalgúns críticos ([[Harold Rosenberg]]) ó principio, dada a forza que o expresionismo abstracto tiña en tódalas instancias da industria da arte. Así a todo, a imaxinería pop era doadamente asimilable como algo puramente americano e isto era importante naquel continente pois sempre, tanto artistas como coleccionistas, estaban dun certo modo en loita ou competición co europeo. A confirmación disto produciuse coa exposición titulada ''O Pop Art e a tradición americana'' no '''Milwaukee Art Center''' en [[1965]]. Este aspecto nacionalista era o único que o acercaba á xeración dos expresionistas abstractos; no demais todo é oposto: os artistas pop ironizaban sobre a caligrafía e o aceno característicos dos expresionistas (as obras de [[Roy Lichtenstein]] nas que amplifica unha pincelada esquematizada graficamente), ou os enormes cadros de Rosenquist nos que amplifica espaguetis como recordando as nervacións dos ''drippings'' de Pollock, e en xeral o interese posto en refugar da obra toda traza da intervención manual do artista.
[[File:Andy Warhol 1977.jpg|thumb|[[Andy Warhol]]]]