José de Espronceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[categoría: +[[Categoría:)
aumentado desde es:José de Espronceda
Liña 1:
{{literatura en progreso}}
 
{{Infobox biografía |
nome = José de Espronceda|
Liña 11 ⟶ 9:
lugar_de_falecemento = |
ocupacion = poeta e narrador|
}}
 
'''José Ignacio Javier Oriol Encarnación de Espronceda y Delgado''', máisnado coñecidoen como[[Almendralejo]] '''José([[Provincia de Espronceda'''.Badajoz|Badajoz]]) o ([[25 de marzo]] de [[1808]] -e finado en [[Madrid]] o [[23 de maio]] de [[1842]]), foi un [[poeta]] edo narrador[[século españolXIX]], pertencenteconsiderado aocomo movementoo domáis destacado poeta [[Literaturaromanticismo|romántico]] española do Romanticismo[[España|Romanticismoespañol]].
 
==Biografía==
'''José de Espronceda''' foi fillo do militar Juan José Camilo de Espronceda y Pimentel, e de María del Carmen Delgado y Lara. Tivo tres irmáns máis, pero morreron novos.
 
Estudou no Colexio de San Mateo de [[Madrid]], onde tivo como profesor a [[Alberto Lista]], ao que seguiu no colexio que fundara. Aos quince anos creou cos seus amigos [[Ventura de la Vega]] e [[Patricio de la Escosura]] unha sociedade secreta á que chamaron los Numantinos ([[1823]]-[[1825]]), segundo dicían, para vengar a morte de [[Rafael del Riego]]. Denunciado por iso en 1825, foi desterrado a un mosteiro de [[Guadalaxara, España|Guadalajara]] durante cinco anos. Posteriormente viaxou por [[Portugal]], [[Bélxica]], [[Países Baixos]], [[Francia]] e [[Inglaterra]] —onde namorou de [[Teresa Mancha]], filla do coronel liberal emigrado Epifanio Mancha— en condición de exiliado liberal. Participou nas vagas revolucionarias de [[1830]] xunto cuns antigos amigos seus. Pouco despois Teresa casou por orde do seu pai co comerciante Guillermo del Amo; porén, atopáronse de novo en [[París]] en [[1833]], regresando xuntos a España xunto con outros liberais, mercede á [[amnistía]] declarada pola morte de [[Fernando VII]] en [[1833]]. En [[1838]] Teresa apartouse de Espronceda e pouco despois morreu.
 
Desde entón Espronceda dedicouse á [[política]] e ao [[periodismo]]. Enrolouse na Milicia Nacional, chegando a ser Primeiro Teniente da Compañía de Cazadores de Madrid. En [[1841]] foi nomeado secretario da Legación española en [[Den Haag]] e pouco despois foi elixido deputado progresista por [[provincia de Almería|Almería]]. Foi elixido parlamentario ante as [[Cortes Xerais]] en [[1842]] polo [[Partido Progresista]]. En [[1842]] morreu con 34 anos debido a unha [[difteria]] na [[larinxe]]. Tiña pensado casar con Bernarda de Beruete.
 
==Obra==
Durante a súa estancia no mosteiro, alentado polo seu mestre, comezou a escribir o poema histórico ''El Pelayo'' en [[octava real|octavas reais]], que deixou inacabado. Máis tarde escribiu a [[novela histórica]] ''Sancho Saldaña o el castellano de Cuéllar''. En [[1840]] escribiu un tomo de ''Poesías'' que tivo grande éxito e repercusión. A compilación inclúe temas coma o pracer, a [[liberdade]], o amor, o desengano, a morte, a patria, a tristeza, a dúbida ou a protesta social.
 
Considérase a Espronceda o poeta [[Literatura española do Romanticismo|romántico español]] por excelencia a causa do seu talante byroniano. A súa [[poesía]] presenta ecos da de [[Lord Byron]], sobre todo nos seus dous poemas narrativos máis extensos: ''[[El estudiante de Salamanca]]'', sobre o tema do seductor don-xoanesco, que se pode considerar coma un acabado expoñente do xénero romántico [[lenda]]rio, considerado o mellor poema do seu xénero do século XIX, e o incompleto ''El Diablo Mundo'' ([[1841]]), heteroxéneo poema filosófico onde describe o home coma un ser de inocencia natural que sufre a realidade social e as súas maldades, no que se inclúe o famoso «Canto a Teresa», dedicado á súa amante [[Teresa Mancha]], unha das máis grandes elexías amorosas. Tamén escribiu gran cantidade de poemas curtos, que denominó ''Canciones'', destacando como o máis coñecido a «[[Canción del pirata]]»; tamén figuran «A Jarifa en una orgía», «El verdugo», «El mendigo», «El reo de muerte» ou a «Canción del cosaco», todos eles inspirados en personaxes marxinados ou excluídos da sociedade, co que por vez primeira aparece claramente formulado o tema social na [[lírica]] española. É tamén digno de mención o poema «Desesperación», obra que toma un ton catastrófico e gris, característico en parte da obra en xeral do poeta estremeño.
 
No «Himno al sol» e no poema «Óscar y Malvina» acércase tamén á poesía de [[James Macpherson]], inventor do vate céltico [[Ossian]]. O estilo máis cultivado polo autor estremeño é algo amante dos efectos retóricos, pero flexible e inspirado nos seus mellores momentos.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.josedeespronceda.es/index.php?option=com_content&task=view&id=3&Itemid=3 www.josedeespronceda.es] Páxina creada no 2º Centenario do seu nacemento {{es}})
*[http://cervantesvirtual.com/FichaAutor.html?Ref=134 Obra dixitalizada] na [[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]] {{es}}.
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]