Fía na Roca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
lig int
Liña 22:
En [[1997]] aparece o seu segundo disco, ''Agardando que pase algo'', que marcou a exportación da música do grupo para outras lugares e a súa aparición en colectáneas dedicadas á [[música celta]].
 
En [[2001]] sacaron ''Contravento'', que incorpora a nova cantora galega [[Sonia Lebedynski]], sétimo compoñente da formación. Unha produción da televisión xaponesa [[Aichi TV]] empregou este disco como banda sonora da serie baseada na obra do escritor brasileiro [[Paulo Coelho]] ''O diário de um mago'', no que se relata unha peregrinación do autor a Santiago de Compostela. Este disco foi elexido como un dos mellores discos de música galega do 2001 por diferentes medios de comunicación. Durante a xira de presentación de ''Contravento'', no verán de 2001, coinciden coa banda de Quebec La Bottine Souriante no [[Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira|Festival de Ortigueira]]. Con eles gravan o documental dirixido por [[Rénald Bellemare]] sobre a xira mundial que celebraba o 25 aniversario do grupo. No programa, emitido por Tele-Quebec en xaneiro do 2002, Sonia Lebedynski interpreta a duo un tema co cantante solista da Bottine, [[Yves Lambert]].
 
No ano 2003 Fía na roca cumpriu 10 anos de concertos en directo. Para celebralo a banda gravou o seu novo traballo ao vivo no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de decembro. No ano 2004 editouse ''Dez anos ao vivo''. Ademais, para completar a celebración, volvéronse a reeditar os tres traballos anteriores nunha nova edición remasterizada.