Xuetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m {{commonscat|xuetes}}
Liña 1:
Os '''xuetas''' son un grupo social da illa de [[Mallorca]], descendentes dunha parte dos [[Xudaísmo|xudeus]] mallorquíns convertidos ao [[cristianismo]] entre o ano 1391 e 1435 na súa totalidade e dos que se conservou memoria por levar algún dos apelidos implicados nos últimos procesos [[Inquisición|inquisitoriais]] contra os criptoxudeus no século XVII ou por estar estreitamente emparentados. Os xuetas historicamente estiveron estigmatizados e ata hai pouco víanse obrigados a practicar unha estricta endogamia. Estímase en 18.000 os mallorquíns que levan algún dos apelidos xuetas que son Aguiló, Bonnin, Cortès, Fortesa, Fuster, Martí, Miró, Picó, Pinya, Pomar, Riera, Segura, Tarongí, Valentí, Valleriola e Valls.
 
O asalto ao Call (a xudería de Palma de Mallorca) en [[1391]], as predicacións de [[Vicenç Ferrer]] en [[1413]] e a conversión de toda a comunidade xudía de Mallorca en [[1435]] para evitar a persecución foron os tres episodios que deron lugar ao fenómeno social dos conversos que continuaba a practicar secretamente a súa relixión. En [[1478]] estableceuse a Inquisición na illa que celebrou numerosos procesos a partir de [[1488]] e ata [[1544]] con 82 axustizados. A mediados do século XVI os descendentes dos conversos foron trasladados ao barrio do Sagell para facilitar o seu control, este novo emprazamento denominouse Call Menor e ata [[1677]] a actividade inquisitorial foi escasa pero a partir de entón aumentou a presión da Inquisición, non se sabe exactamente a razón despois de século e medio de tranquilidade, en total detivéronse e procesáronse a 250 persoas mais non houbo axustizado ningún. En 1688 desatouse unha nova vaga de represión inquisitorial, o proceso prolongouse durante tres anos e como consecuencia foron axustizadas 37 xuetas en 1691, a Inquisición expuxo á infamia pública os nomes e retratos dos reos castigados como xudaizantes en 1679 e 1691 e que se mantiveron ata 1820 no claustro da Igrexa de San Domingos, totalizando máis de 250 persoas de 15 liñaxes diferentes, estes liñaxes quedaron excluídos de case todos os oficios, privados de dereitos e sometidos a unha estrita segregación. En 1773 os xuetas, entón 400 familias, designaron a seis persoas para que se dirixiran a [[Carlos III]] para pedir a plena igualdade social e xurídica co resto dos mallorquíns. As Cortes acordan consultar coas autoridades locais, a Real Audiencia de Mallorca eleva un memorial no cal acusaba os xuetas de xudaísmo pero o rei nunha serie de medidas en 1782, 1785 e 1788 restablece os xuetas nos seus dereitos, con todo a discriminación seguiu, o mesmo que a endogamia pero aumentou a mobilidade dos xuetas, establecéndose noutros barrios e localidades. [[Josep Tarongí]], sacerdote xueta que conseguira ordenarse con moitas dificultades, protagonizou a maior polémica sobre a cuestión xueta no século XIX ao publicar o artigo ''Los libros malos y cosas peores'' no ''Almanaque Balear'' e o libro ''Una mala causa a todo trance defendida'' onde replicaba a ''Una buena causa mal defendida'' do sacerdote [[Miquel Maura]], irmán do político [[Antonio Maura]]. Na [[Igrexa CátólicaCatólica]] a discriminación mantívose con forza e mesmo ata 1955 establecía distinción entre o clero xueta e o puro.
==Ligazóns externas==
{{commonscat|xuetes}}
*[http://www.memoriadelcarrer.com Memoria del carrer]
 
[[Categoría:Xudaísmo]]
[[Categoría:Mallorca]]