Soprete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Xosé (conversa | contribucións)
tapafoldros
Liña 1:
Na [[gaita]], o '''soprete''' é o tubo que permite insuflar o [[fol]]. Fabrícanse en distintas madeiras, pero o bico ha de ser dun material que resista ao roce dos dentes. No extremo que vai no interior da [[buxa]] colócase o [[zapón]], [[tapafolgos]] ou [[tapafolgostapafoldros]], unha [[válvula]] simple que permite que o aire entre no fol pero non que saia. Esta pode ser de pel, [[látex]] ou [[goma]], e é preciso humedecela antes de tocar para que feche ben. De feito, o soprete, que é a peza da gaita que máis humidade recebe, debe gardarse sempre fora da buxa, para evitar que a humidade do alento degrade tanto o tapafolgos como a madeira do seu interior.
 
Algunhas gaitas non fan uso do soprete e o ar insúflase mediante un fol mecánico accionado co brazo e ligado ao fol principal, como a [[gaita Uilleann]], a [[musette]] francesa ou a [[gaita de barquín]] galega.