Diferenzas entre revisións de «Abismo de Helmo»

Aglarond e [[Angrenost]] (máis tarde coñecida como [[Isengarda]]) eran as dúas fortalezas construídas por [[Gondor]] para defender os [[Vaos Isen]]. Ao igual que Angrenost ao norte, ao primeiro estivo ben custodiada, mais a medida que a poboación de [[Calenardhon]] (que despois sería o reino de [[Rohan]]) esmoreceu, foise abandonando e perdendo importancia, até acabar nas mans dun pequeno corpo de garda que se mesturou cos [[Dunlending]]s.
 
Cando [[Cirion]], [[Mordomo de Gondor]], outorgou a rexión de Calenardhon aá tribo dos [[Éothéod]], Aglarond pasou aos coidados dos [[Rohirrim]], que a chamaron '''Súthburg''' (burgo do sur no seu idioma). A garda de Gondor fusionouse coa de [[Angrenost]] ao norte, que permaneceu en poder de Gondor. Nun principio, as tarefas de vixilancia dos vaos foron compartidas por Gondor e Roham, mais acabaron sendo mantidas só polos Rohirrim.
 
Durante o reinado de [[Helmo Man de Martelo]], [[Rohan]] sufriu o ataque dos Dunlendings que moraban na outra beira do río [[Isen (Terra Media)|Isen]]. A súa capital, [[Edoras]], caeu, e Helmo retirouse a Súthburg xunto con grande parte do seu pobo. Como Helmo sempre tocaba un grande corno antes de saír a cabalo para combater os belicosos [[Dunlendings]], a torre da homenaxe pasou a chamarse '''Cornoburgo'''. Durante a [[Guerra do Anel]], o Cornoburg serviu de refuxio para os [[Rohirrim]] mentres defendían o [[Batalla de Cornoburgo|Abismo de Helmo]].
3.209

edicións