Fonema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ur:صوتیہ
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: stq:Phonem; cambios estética
Liña 1:
O '''fonema''' é a unidade mínima, desprovista de [[significado]], da [[fala]], consistente nunha emisión sonora identificábel e distinguíbel conceptualmente do resto. Constitúe a unidade lingüística da primeira [[articulación da linguaxe]]. É como a imaxe mental do [[son]] e serve para diferenciar [[palabra]]s. Para a súa identificación utilízase a proba da [[conmutación]].
 
== Definición de fonema ==
Cada lingua presenta un número limitado de fonemas, usualmente entre vinte e cincuenta, que se combinan sucesivamente, ao longo da [[cadea da fala]] para constituir os [[significante]]s das [[mensaxe]]s. Os fonemas defínense con referencia á súa [[substancia (lingüística)|substancia]] sonora por certas características que se atopan nos diferentes níveis de transmisión da mensaxe (nível motor, nível acústico, nível perceptivo, etc.)
 
Estes trazos fónicos chámanse [[trazo distintivo|trazos distintivos]] ou "pertinentes", que non se presentan xamais illados. Os falantes de cada lingua aprenden a producir os movementos dos [[órgano da fala|órganos da fala]] dunha maneira determinada, co que as [[onda sonora|ondas sonoras]] producidas portan eses trazos e se distinguen dos demáis da mesma lingua e con frecuencia dos semellantes noutras linguas.
 
Porén, a definición de fonema faise por contraste, é dicir, por [[conmutación]]: un fonema é diferente doutro cando existe unha parella de palabras consideradas distintas nas que a oposición se dá porque apareza un fonema e non outro. Por exemplo, os dous fonemas iniciais de ''coma'' e ''goma'' son diferentes porque os significados das secuencias sonoras son diferentes ("signo ortográfico" e "material elástico"). Debido a que son entidades fonolóxicas, os fonemas represéntanse entre barras, e estipúlase que os símbolos que representan os fonemas do exemplo son /k/ e /g/. En galego, utilízanse os símbolos do [[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]] para representar os fonemas.
 
Un mesmo fonema pode [[realización|realízarse]], polo tanto, através de sons diferentes (e o máis habitual e esperable é que así sexa), mais que posúen todos eles en común os trazos que opoñen ese fonema a todos os outros fonemas da mesma lingua. Estes sons diferentes chámanse [[alófono]]s.
Liña 14:
Tanto os fonemas, concepto pertencente á [[fonoloxía]], coma as [[realización]]s, relativas á [[fonética]], poden definirse articulatoria ou acusticamente, aínda que o máis habitual é que se determinen por estas disciplinas respectivamente: é dicir, os fonemas pola [[fonoloxía]] dende unha perspectiva articulatoria e as realizacións directamente pola [[fonética acústica]].
 
== Fonemas en galego ==
En galego hai 25, que poderían ser descritos así:
 
* os [[vogal|vocálicos]] son sempre [[oral|orais]] (nunca [[nasal|nasais]] como en francés ou portugués) e son 7: /a/, /e/ (e [[fechado]]), /ɛ/ (e [[aberto]]), /i/, /o/ (o fechado), /ɔ/ (o aberto) e /u/;
 
* os [[consoante|consonánticos]] [[oclusivo|oclusivos]]s poden ser [[xordo|xordos]]s (/p/, /t/ e /k/) ou [[sonoro|sonoros]]s (/b/, /d/ e /g/);
 
* os consonánticos [[fricativo|fricativos]]s tamén poden ser xordos ou sonoros (/f/, /θ/, /s/, /ʃ/);
 
* os nasais son sempre sonoros (/m/, /n/, /ŋ/ (n [[velar]]) e /ɲ/ (ñ));
 
* os [[líquido|líquidos]]s poden ser [[vibrante|vibrantes]]s (/r/ e /ɾ/ (suave)) ou [[lateral|laterais]] (/l/ e /ʎ/ (en ''fillo'');
 
Na escrita non existe unha correspondencia unívoca entre fonemas e a súa representación, os [[grafema]]s. Por exemplo, os grafemas B e o V correspóndense co mesmo fonema en galego, mais non en portugués. Para evitar esta ambigüidade no valor dos grafemas inventouse o [[Alfabeto Fonético Internacional]] ou AFI (''IPA'' en inglés), ainda que ainda se ven transcricións que usan o Alfabeto da [[RFE|Revista de Filoloxía Española]] (RFE). No AFI, usado nos parágrafos anteriores, os fonemas deben ir transcritos entre barras e márcase o [[acento|volume acentual]] cun apóstrofo: así ''verquer'' transcribiráse /beɾ'keɾ/. Dado que hai moitas menos letras que fonemas (que se transcriben como a súa realización central ou máis prototípica), bótase man de certos signos de todas as linguas do mundo: por exemplo, /x/ representa o fonema fricativo velar xordo que en castelán se escribe "J" e en alemán "CH". Os dígrafos nunca se transcriben como un fonema, senón como os dous aos que representa: '''ch'''amar = /ʧaˈmaɾ/.
Liña 32:
 
 
== Véxase tamén ==
* [[realización]]
 
Liña 86:
[[sk:Fonéma]]
[[sl:Fonem]]
[[stq:Phonem]]
[[sv:Fonem]]
[[ta:ஒலியனு]]