Diferenzas entre revisións de «Grupo Vava'u»

sen resumo de edición
 
==Historia==
O grupo Vava'u foi descuberto polo italohispanogalego [[Francisco Mourelle]] en [[1781]]. O seu barco, ''A Princesa'', desviouse da tradicional ruta de Manila e chegou en precarias condicións á deshabitada Fonualei, onde non puido desembarcar e bautizouna como ''Amargura''. En Vava'u recuperouse en Porto Refuxio (hoxe en día ''Port of Refuge''). O porto da illa Kapa chámase Port Maurelle na súa honra. Denominou ao grupo illas Mayorga en honra ao vicerrei de [[Nova España]], o barcelonés [[Martí de Mayorga]].
 
En [[1787]] chegou o [[Francia|francés]] [[La Pérouse]] antes de que se perdese o seu rastro no Pacífico. Anotou o nome nativo como Vavao. En [[1793]] o italohispano [[Alessandro Malaspina]] pasouse dez días na primeira expedición científica española.
Usuario anónimo