Doniños, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír '{{Galicia en progreso}}' por '{{Parroquias da Coruña en progreso}}'
PepedoCouto (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 16:
'''San Román de Doniños''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Ferrol]]. Segundo o [[INE]] no ano 2007 tiña 840 habitantes, 13 menos que no 2004 (cando tiña 429 homes e 424 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación.
 
Nesta parroquia está a [[lagoa de Doniños]], fronte á [[praia de Doniños]], encaixada nun val arrodeado por coboscovos mariños. A área protexida, enmarcada no [[Lugar de Interese Comunitario]] [[Costa Ártabra]] (que abrangue parte da [[comarca de Ferrol]]terra), abrangue aquí a [[praia de Doniños]], o complexo dunar e a [[lagoa de Doniños]], de case nove metros de profundidade.
 
Arrodeada por manchas boscosas de ribeira, destaca na súa vexetación a presenza de prantasplantas acuáticas nos bordes da lagoa, como a ''ranunculus aquatilis'', a ''potamogeton natans'' ou a ''nimphaea alba''. A ''eleocharis acicularis'' e a ''litorella uniflora'' pódense atopar nas áreas encharcadas.
 
As aves tamén abondan, coa presenza de exemplares de [[fochas]], [[zampullín]]s chicos, [[ánade real]] e [[cerceta común]].
 
A [[praia de Doniños]] é rectilínea, de area branca e fina, ventosa e con forte ondeaxeondaxe sita nun entorno rural. Conta con dúas zonas diferenciadas: [[Punta Penencia]] (pouco masificada) e [[Outeiro]] (máis ocupada). Trátase do principal centro de atracción na cidade de [[Ferrol]] para a práctica do surf, xunto con areais como [[Pantín]], xa no concello de [[Valdoviño]].
 
Dotada de [[Bandeira Azul]], trátase dunha praia aberta, cunha lonxitude de 1,7 quilómetros. A súa ocupación é alta na tempada estival. É o areal máis próximo ao casco urbano de [[Ferrol]] (6 quilómetros).
 
A [[Punta do Castro]] son uns restos dun [[castro (poboado)|poboamento castrexo]] prerrománicoprerromano situado no límite norte do areal, no que se atoparon xoias e atributos de dignidade celtas, ademáisademais dos restos dun castelo e as instalacións dunha batería de artilleiríaartillería de costa, servida pola [[Armada]].
 
O 25 de agosto de [[1800]] unha dotación da [[Armada Inglesa]] composta por navíos de guerra e infanteiríainfantería tentou ocupar a cidade de [[Ferrol]], desembarcando na [[praia de Doniños]]. Porén, as tropas do almirante [[Warren]] tiveron problemas coa resaca do mar, sendo as chalupas pasto dos canóns ferroláns.
 
Contan as crónicas que "o camiño estaba ben defendido e o paso pola [[lagoa de Doniños]] era impracticable", polo que "a [[praia de Doniños]] contribuiucontribuíu á derrota inglesa". Trátase da [[Batalla de Brión]], lembrada cada verán -xa na actualidade- por moitos veciños cunha suba a pé aos montes da contorna.
 
As Festas patronais son os días 9 e 10 de Agosto.