Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Despotado do Épiro; cambios estética
Liña 1:
O '''despotado de Epiro''' (chamado tamén '''despotado de Arta'''), xurdiu na rexión de [[Epiro]] en [[1204]] trala caída de [[Constantinopla]] en mans dos [[cruzadas|cruzados]] e a creación do [[Imperio Latino]] de Constantinopla. Existiu entre [[1205]] e [[1358]].
 
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Epir1205-1230.png|thumbnail|right|200px|O despotado de Epiro desde a súa fundación ao cénit do seu poder en 1230.]]
Liña 19:
No verán de [[1212]], Miguel ocupou [[Larisa]] en Tesalia e, ao ano seguinte, rompeu con Venecia e atacou Durazzo, sen poder ocupar esta cidad,e pero si algúns territorios dos arredores. Miguel foi asasinado, seguramente por instigación dos venecianos, e foi sucedido polo seu irmán Teodoro I Anxo-Comneno Ducas, que seguiu coa mesma política. Atacou e ocupou Durazzo (1215) e incorporou as rexións entre o río [[Drin]] e o [[mar Adriático]].
 
=== Reinado de Teodoro ===
 
En [[1216]], Teodoro asegurouse a fronteira norte cun tratado co duque de [[Rascia]] ( no centro-norte de [[Serbia]]); cos latinos asinou unha tregua. Atacou aos búlgaros e tomou as cidades de [[Prilep]] e [[Ocrida]].
Liña 29:
En [[1230]], na cima do seu poder, Teodoro atacou ao territorio búlgaro pero sufriu unha importante derrota na [[Batalla de Clocónica]], na beira do [[río Maritsa]] (ou [[Evros]]), e foi feito prisioneiro; inicialmente foi tratado con honores pero cando se descubriu que el e o seu fillo Xoán preparaban un complot contra o [[tsar]] Iván Asen, foi cegado. Os territorios conquistados por Teodoro aos latinos sometéronse ao tsar búlgaro e estes entraron con pouca resistencia en [[Albania]] e Durazzo. Manuel, irmán de Teodoro, casado cunha filla de Iván Asen, conservou o poder de Epiro, [[Etolia]], [[Acarnania]] e unha parte de Tesalia. [[Ragusa]] (=[[Dubrovnik]]) rexeitou a soberanía de Epiro en [[1232]]. [[Serbia]] fíxoo en [[1233]] e aliouse con Bulgaria.
 
=== Miguel II e as alianzas ===
 
En [[1237]], Teodoro foi liberado xunto ao seu fillo Xoán, Volveu aos seus dominios e, rapidamente, a nobreza púxose ao seu lado e destituíu a Manuel que fuxiu a Nicea. Teodoro, restablecido, abdicou no seu fillo Xoán I. Unha filla casou co tsar búlgaro Iván Asen, garantindo así a neutralidade deste. Con todos estes disturbios, Miguel II, fillo do déspota Miguel I, proclamouse rei de Epiro, Etolia, Acarnania e Corfú (=[[Kérkyra]]), deixando a Xoán unicamente os territorios de Tesalia. O exiliado Manuel retornou con soldados prestados polo emperador de Nicea e desembarcou preto de Salónica. Pero Manuel e Teodoro o Cego chegaron a un acordo e estableceuse un goberno conxunto entre Xoán e Manuel.
Liña 45:
Pasaron uns anos de tranquilidade, e en [[1263]] houbo unha guerra curta co emperador por territorios fronteirizos ao norte de [[Grecia]]. En [[1266]] morreu Manfredo de Sicilia e Miguel II aproveitou para recuperar as posesións albanesas que lle entregou en [[1259]], aínda que non podo recuperar Corfú que xa recoñecera a [[Carlos de Anjou]]. En [[1268]], Carlos entrou en Durazzo. Miguel II morreu en [[1271]] e repartiu os seus dominios: ao seu fillo maior Nicéforo Andrónico deixoulle Epiro e Albania; ao segundo, Xoán, a parte sur de Tesalia. En [[1272]], Nicéforo Andrónico renunciou á maior parte de Albania en favor de Carlos de Anjou, rei de Sicilia, para evitar a guerra e retornoulle os territorios ocupados polo seu pai.
 
=== Morte de Miguel e reparto de posesións ===
 
En [[1274]], o emperador bizantino Miguel VII, ameazado por Carlos de Anjou que aspiraba ao imperio latino, atacou Albania. Dirixíaa flota bizantina o [[pirata]] Licario, que se puxo ao servizo do emperador e que tamén ocupou algunhas illas do mar [[Exeo]]. Carlos de Anjou era tamén unha ameaza para Nicéforo Andrónico e en [[1279]] declarouse vasalo do anxevino. En [[1281]] os bizantinos atacaron a Carlos nas súas posesións albanesas, concretamente en [[Berat]], e obtiveron unha vitoria parcial. Pero, no verán, Carlos reuniu continxentes de [[Francia]], enviados do Papa, Serbia, Bulgaria, Acaia, Tesalia, Epiro, Atenas e Venecia, e restaurou o control sobre Albania. A morte de Miguel Paleólogo e as [[vésperas sicilianas]] puxeron fin ás loitas en [[1282]]. En [[1290]] morreu o déspota de Tesalia sen sucesión e os seus territorios pasaron á liña de Epiro, representada por Nicéforo Andrónico. Este morreu en [[1296]] e foi sucedido polo seu fillo Tomé, baixo rexencia da súa curmá Ana.
 
No ano [[1300]], Xoán Orsini, fillo do conde de [[Cefalonia]], construíu unha fortaleza nas illa de [[Leucas]] que dependía de Epiro pero que reclamaban os de Orsini. Tomé de Epiro casouse en [[1304]] cunha neta do emperador Andróníco II de Bizancio, fortalecendo o partido probizantino, mentres o partido anxevino, representado por Tamara, irmá de Tomé, perdía forza. En [[1310]] producíronse combates coa compañía catalá dos [[almogávares]] que acababan de saír de Tesalia e entraran ao servizo do duque Gualterio de Atenas.
 
=== O fin do despotado ===
 
Tomé morreu asasinado sen sucesión masculina. Ana Anxo herdou o despotado e, ao estar casada con Giovani de Orsini de Cefalonia, iniciouse a "dinastía Orsini". O fillo de Xoán, Nicolás, casou coa viúva de Tomé.
Liña 88:
[[nl:Despotaat Epirus]]
[[pl:Despotat Epiru]]
[[pt:Despotado dedo EpiroÉpiro]]
[[ru:Эпирский деспотат]]
[[sk:Epirský despotát]]