Blog: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: tl:Blog
Prevert (conversa | contribucións)
m trocar sindicación por subscrición. Fonte: http://www.canalciencia.com/faladoiro/numero_102.htm
Liña 1:
Un '''Weblog''' (do inglés ''web'' + ''log''), '''blog''', '''bitácora''' ou '''blogue''' é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
 
Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada [[blogroll]], un arquivo coas publicacións anteriores, etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir [[trackback]]s, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir [[sindicación]]a subscrición, xeralmente mediante [[RSS]], [[XML]] ou [[Atom]], que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte.
 
Crear e manter un weblog non é dificil, posto que hoxe en día existe unha grande cantidade de ferramentas gratuitas para levar weblogs. Moitas permiten, sen ter coñecementos técnicos, administrar todo o weblog, escribir, editar e borrar as publicacións, moderar os comentarios dos lectores, etc. As ferramentas máis coñecidas deste tipo son [[Movable Type]], [[Textpattern]] e [[Greymatter]]. Tamén hai páxinas on-line que permiten facer todo isto sen necesidade de baixar nada. As ferramentas on-line máis coñecidas son [[Blogger]], [[TypePad]] e [[Pitas]].