Riós, Riós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13:
As aldeas da parroquia son: As Corvaceiras, As Ferreiras, Florderrei, Marcelín, Riós, Romariz e As Vendas da Barreira.
 
A Igrexa de Santa María do Riós completouse en [[1718]] sendo abade Antonio Ramos Moscoso. De marcado estilo [[barroco]], é a principal e máis antiga das igrexas do concello.
 
No interior atópanse interesantes tallas de madeira de Santa Ana, San Xoaquín, Santa Lucía e o Santo Cristo. A calle central do retablo presenta un sagrario en forma de baldaquino e adornado con columnas salomónicas. E mesmo encima está a talla da Virxe da Asunción, que algúns autores atribúen, quizáis erradamente, ó escultor renacentista Xoán de Angés. Entre os retablos laterais destacado o dedicado ó Cristo crucifidado, relacionado pola súa anatomía e dramatismo coa escola castelá de [[Gregorio Fernández]].
A sua patrona e Santa María da Asunción e as festas parroquiais celébranse en torno ós días 15 e 16 de agosto. Aparte das festas parroquiais destacan as festas de San Cristovo, o 25 de xullo e a de San Roque o 16 de agosto.
 
Inda quedan elementos doutra igrexa parroquia máis antiga. Dos elementos litúrxicos do templo primitivo conservánse un cáliz do século XVI, unha fermosa cruz procesional do prateiro Isidro de Montanos, do século XVII e unha naveta con fina filigrana plateresca.
 
En Riós tamén se atopa un fermoso cruceiro, xunto da travesía, de tres gradas e coroado por unha cruz de pedra florenzada, semellante ó que se atopa na aldea de [[Progo, Riós|Progo]].
 
A sua patrona ede Riós é Santa María da Asunción e as festas parroquiais celébranse en torno ós días 15 e 16 de agosto. Aparte das festas parroquiais destacan as festas de San Cristovo, o 25 de xullo, e a de San Roque o 16 de agosto.