Pilar Primo de Rivera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m modif. categoría
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia''', nada o ([[4 de novembro]] de [[1907]] -e finada o [[17 de marzo]] de [[1991]]), foi a fundadora e dirixente da [[Sección Femenina]] da Falange.
 
==Traxectoria==
Filla de [[Miguel Primo de Rivera]] e de Casilda Sáenz de Heredia, súa nai morreu en 1909 e Pilar e os sus cinco irmáns, entre eles [[José Antonio Primo de Rivera]] futuro fundador da [[Falange Española]], foron criados pola súa avoa e dúas tías. Fortemente vencellada ao seu irmán José Antonio ao fundar a Falange, Pilar ingresou na sección estudantil, o [[SEU]] e en xuño de 1934 creouse a [[Sección Femenina]] da Falange converténdose Pilar na súa primeira xefa nacional.
 
Pasou o comenzo [[Guerra Civil española]] agachada en [[Madrid]] ata que se refuxiou na embaixada arxentina e logrou escapar á zona franquista, fixou a súa residencia en Salamanca xa convertida nunha autoridade moral entre o movemento falanxista tras a morte de José Antonio. Reticente con algunhas medidas franquistas propuxo que a bandeira e o himno falanxistas se convertisen nos símbolos oficiais de España pero mantivo unha postura ambigua cando [[Franco]] unificou os movementos falaxista e [[carlismo|carlista]] na [[Falange Española Tradionalista y de las JONS]] aceptando ao fin un posto no Consello Nacional do novo partido. Franco nomeouna condesa do Castillo de la Mota en 1960. Procuradora en Cortes, abstívose na votación sobre a Lei de Reforma Política de 1976.
 
 
[[Categoría:Políticos de España|Primo de Rivera, Pilar]]