Illas Gilbert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: de:Gilbert–Inseln
Sen resumo de edición
Liña 5:
As illas Gilbert estiveron habitadas por [[Micronesia|micronesios]] durante moitos séculos antes de ser descubertas polos europeos.
 
Un dos primeiros -descubrimentos- rexistrados das illas por europeos foi en [[1765]], cando o comandante [[John Byron]] na nave ''Dolphin'' descubriu a illa de [[Nikunau]]. En [[1788]], o capitán [[Thomas Gilbert]] no ''Charlotte'' e o capitán [[John Marshall]] en in the ''Scarborough'' percorreron a zona, cruzando as illas de [[Abemama]], [[Kuria]], [[Aranuka]], [[Tarawa]], [[Abaiang]], [[Butaritari]], ande [[Makin]] (sen paradas). Nos anos subseguintes, moitos barcos navegaron a través das pequenas illas e atois Gilbert no curso das súas travesías polo Pacífico central. Dúas naves da [[Expedición Exploradora dos Estados Unidos]], os navíos ''Peacock'' e ''Flying Fish'', baixo a comandancia do capitán Hudson, visitaron varias das Illas Gilbert (naquel tempo Illas Kingsmill). Dedicouse un tempo considerable para debuxar as cartas de navegación da área.
 
Un primeiro [[protectorado]] británico foi proclamado sobre as illas polo capitán Davis, do ''HMS Royalist'', o [[27 de maio]] de [[1892]]. En [[1915]], as [[illas Gilbert e Ellice]] foron proclamadas unha [[colonia (política)|colonia]] do [[Imperio Británico]].
Liña 11:
Os nativos das Illas Gilbert son micronesios, similares en varios aspectos cos nativos das [[Illas Marshall]], as [[Illas Carolinas]] e as [[Illas Marianas]]. Na época da invasión xaponesa en [[1942]], eran pobos que se gobernaban a si mesmos, coas súas tradicións tribais non modificadas polo sistema británico de administración e goberno das colonias. Leais aos británicos, os gilbertenses non viron con bos ollos as probabilidades de ser invadidos polos xaponeses. Durante a súa estadía nas Illas Gilbert, os xaponeses non fixeron nada para cambiar a opinión dos gilbertenses sobre este punto de vista.
 
A principal industria nas illas era a produción de [[fosfato]] dos depósitos das illas [[Illa Banaba|Banaba]] e [[Illa Fanning|Fanning]]. Ademais, cultivábanse [[palmeira]]s de coco|palmeiras de [[coco]] nalgunhas das illas. Todo o traballo era supervisado polos británicos e todos os esforzos que se realizaron foron para que os salarios e as condicións de vida fosen xustas e adecuadas. As inspeccións sanitarias dos británicos melloraron moito as condicións de vida en moitas das illas.
 
A dieta dos nativos antes da [[Segunda Guerra Mundial]] consistía principalmente en peixe, coco, froita do [[pandanus]], polo [[babai]] e un pouco de porco. A instalación de vivendas para os europeos empregados na illa foi moi simple. As súas casas estaban construídas por materiais europeos e nativos, e eran xeralmente tipo bungalow. Non había ningunha clase de turismo.