Illuminati: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|350px|Adam Weishaupt fundador da sociedade secreta dos Illuminati '''Illuminati''' ou '''Orde dos Iluminati''' é o nome que recibiu unha soci..."
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Adam Weishaupt02.jpg|thumb|350px|Adam Weishaupt fundador da sociedade secreta dos Illuminati]]
'''Illuminati''' ou '''Orde dos Iluminati''' é o nome que recibiu unha sociedade secreta fundada baixo o nome de '''Bund der Perfektibilisten''' o [[1 de maio]] de [[1776]] folopolo xesuíta, filósofo e profesor de dereito canónico [[Adam Weishaupt]] en [[Ingolstadt]] ([[Baviera]]). O seu obxectivo era conseguir a mellora e perfeccionamento do mundo por medio da liberdade, da igualdade e da fraternidade, e da mellora e perfeccionamento dos seus membros permitindo o autocontrol dos individuos facendo o [[despotismo]] superfulo. Actuou legalmente ata [[1785]], ano no que [[Carlos Teodoro de Baviera]] prohibiu todas as sociedades secretas no país. Durante o período no que foi legal tivo ampla influencia entre os intelectuais e políticos ilustrados alemáns como o duque [[Fernando de Brunswick]].
 
Os membros tiñan que prometer obediencia ós seus superiores e dividíanse en tres clases principais, cada unha con varios graos. A orde tiña ramificacións en moitos países de [[Europa]], con 2000 membros, recibindo a atención de homes de letras como [[Johann Wolfgang von Goethe]] e [[Johann Gottfried Herder]], e mesmo dos duques reinantes de [[Gotha]] e [[Weimar]].