San Xosé, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Liña 12:
'''San Xosé de Campolongo''' é unha parroquia urbana do concello de [[Pontevedra]]. Consta de tres barrios: Mollabao, Campolongo e San Brais.
 
Campolongo atópase no sur-suroestesudoeste do casco urbano de Pontevedra. Está limitado ao norte pola avenida de [[Augusto García Sánchez]] e polo [[río dos Gafos]]. Ao sur pola autovía [[PO-10]]. Ao leste pola rúa do Alcalde Hevia. E ao oeste pola [[Avenida de Marín]].
 
Albergaba ata os anos 50 o Pazo de Campolongo, situado onde hoxe se atopa a rúa Iglesias Vilarelle, tiña grandes campos e alí xogaban os nenos ao [[fútbol]]. Entón [[Francisco Franco]] mandou trasladalo pedra a pedra cara á Casa de Campo ([[Madrid]])
 
Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a Praza de Galicia. Ó mudarse esta, e coa construción do Complexo Militar de Pontevedra neste barrio, impulsouse a construcciónconstrución do Polígono de Campolongo cun parque central, a igrexa de San Xosé e o [[CEIP Campolongo]]. Hoxe, o sur da parroquia está ocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares. O antigo Cuartel demoleuse, e no seu lugar está o Complexo Administrativo de Campolongo, que albergará o novo edificio da Xunta, o novo edificio de Facenda e varios edificios residenciais.
 
O barrio de San Brais, cunha capela adicada a este santo, foi e segue sendo unha aldea grande. A capela do mesmo nome foi construída cara os séculos XVIII-XIX. Nos anos 90, San Brais cambiou de aspecto mercede á urbanización de chalets na súa parte baixa, e á construción dun hipermercado na parte alta.