Camposancos, A Guarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desambiguación
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección e imaxe
Liña 1:
{{outroshomónimos|Camposancos}}
[[Ficheiro:Guarda Camposancos a Caminha.jpg|thumb|300px|Transbordador desde Camposancos (A Guarda), á esquerda, e [[Caminha]] (Portugal), á dereita]]
'''Santa Isabel de Camposancos''' é unha parroquia que se localiza no concello da [[A Guarda|Guarda]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 987 habitantes (512 mulleres e 475 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 913 habitantes. Está situada á beira do [[río Miño]], case na súa desembocadura no [[océano Atlántico]].
 
 
{{Lp Camposancos, A Guarda}}
 
==Historia==
Etimoloxicamente, o topónimo Camposancos é de orixe latina e equivale a "Campos en anguloángulo"{{cómpre referencia}}.
 
Sábese que no lugar existiu un [[mosteiro]] templario do que non quedan restos a non ser as columnas aparecidas nunhas reformas. Camposancos erixiuse en parroquia independente en [[1798]]. Antes de 1870, pertencía a Salcidos e este ó mosteiro de Oia. A igrexa parroquial de Santa Isabel comezou a construírse en 1816 e non se rematou ata 1856.
 
Separado do antigo Concello da Guarda, o couto medieval de Camposancos, que pertencía como anexo o partido xurisdicional de [[Barrantes]], provincia de [[Tui]], non se volve a integrar ata [[1838]] no territorio municipal da Guarda ata [[1838]].
 
Camposancos ten o título de ''Entidade Local Menor'' desde [[1870]], o que lle permitiu ter o seu propio tenente de alcalde e un edificio oficial. Para levar a cabo calquera actuación en Camposancos, o concello da Guarda debía por lei informar á entidade local de tal actuación aínda que esta non tivese o poder de cancelala. A metade dos impostos que recadaba a localidade pasaban ou polo menos así debería ser á Entidade Local.
 
Camposancos é coñecido polo '''Colexio dos Padres Xesuítas''' fundado en 1876 a escasos dous quilómetros da Guarda. Por primeira vez en España, os [[Compañía de Xesús|xesuítas]] intentaban instituír unha [[universidade]] privada, que finalmente só estaría en activo durante 5 anos. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdirían dúas notables institucións como a [[Universidade de Deusto]] e a [[Universidade Pontificia de Comillas]]. Entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio está o político pontevedrés [[Portela Valladares]], que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa República. De 1916 a 1932 foi ocupado polos seus irmáns de relixión portugueses pero baixo o mandato da [[República]], a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.
 
O recinto do Colexio dos Xesuítas convertido en hospital foi tristemente famoso por albergar durante a [[Guerra Civil Española]] o [[campo de concentración de Camposancos]]. Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado en 1938 por 1.066 reos cando a capacidade -segundo informe oficial do réxime [[Franquismo|franquista]]- era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el pero oscila entre os 2.000 e os 3.000 presos.
Liña 23 ⟶ 21:
 
==Presente==
A Comunidade de Montes Veciñais de Camposancos celebra desde hai anos unha festa gastronómica na que se enxalza a paleta e o [[lacón]]: a ''paletada-laconada de San Amaro''.
 
A '''II Xuntanza de Palilleiras de Galicia''' celebrouse, nos salóns da Asociación “Os Amigos” de Camposancos, o 25 de xullo de 2006 a coa participación de 65 afeccionadas á arte do [[encaixe de palillos]].
 
{{Lp Camposancos, A Guarda}}
 
==Ligazóns externas==