Abrir o menú principal

Cambios

ortografía
([[Cambrai]] [[1896]]-[[París]], [[1991]])
Profesor da Historia das Relixións e de Teoloxía fundamental no InstitutuoInstituto teolóxico de [[Lyon]] e na Facultade de teoloxía de [[Lyon-Fourvière]]. Membro da Academia das ciencias morais e políticas de [[París]] dende 1958. Deu un pulo renovado á teoloxía católica afondando nos [[Pais da Igrexa]]. Inicialmente perseguido, salientou, xunto a pensadores daquela considerados progresistas como [[Yves Congar]] e [[Joseph Ratzinger]], na redacción dos máis importantes documentos do [[Concilio Vaticano II]], que supuxeron o trunfo das teses aperturistas fronte ás resistencias da curia vaticana. Hoxe é recoñecido como un dos grandes teólogos católicos do século XX. [[Xoán Paulo II]] creouno [[cardeal]] honrando así a súa traxectoria vital e intelectual.
 
==Traxectoria==
Como profesor, empezou impactando co seu completo e elaborado ensaio ''Catolicismo, aspectos sociais do dogma'', onde condena unha visión individualista da relixiosidade cristiá. Creou con [[Jean Daniélou]] as ''Sources Chrétiennes'', colección de textos fundamentais da historia e literatura cristiá. En 1950, inicia os seus estudos verbo dos [[Pais da Igrexa]] reivindicando figuras discutidas pero básicas para entender o desenvolvemento do pensamento cristiá como [[Oríxenes]].
 
A súa énfase na natureza humana e a súa continuidade e plenitude na vida da [[graza]] divina, así como a súa visión dinámica e non conservadora da [[tradición]], provocou a súa persecución e a prohibición de escribir e ensinar. Nembargantes, [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] contará con el para a realización de traballos clave no [[Concilio Vaticano II]]. Dende ese momento convértese nunha figura indiscutida no pensamento católico.
 
De Lubac non refugou ningún debate, defendeu as ideas avanzadas de [[Teilhard de Chardin]], no seu intento de compatibilizar [[ciencia]] e [[fe]], teoloxía e [[evolucionismo]]. Abordou tamén o fenómeno do [[ateísmo]], que xulga máis ben un [[antiteísmo]] comprensible como rexeitamento a un cristianismo inauténtico, gris, moralista e insolidario.
 
Pero o seu espírito libre fíxolle non casarse con ninguén. Refugou o nomeamento como cardeal por [[Paulo VI]] en contestación aos abusos da curia e a súa esixencia, para élel improcedente, de que os cardeais sexan antes ordeadosordenados bispos. Debateu con profundidade e altura fronte ao que considerou un desorde postconciliar acrítico e superficial, demasiado proclive a adaptarse a todo o novo e o efímeroefémero. Na súa análise do ateísmo contemporáneo, conclúe que un [[humanismo]] sen trascendenciatranscendencia é un humanismo inhumano.
 
En 1972, xunto con [[Hans Urs von Balthasar]] e Joseph Ratzinger, sacou á luz a revista ''Communio'', concibida como un foro de intercambio cultural e clarificación teolóxica tras o Concilio.
===O Sobrenatural===
 
En 1946, na súa obra ''Surnaturel, Ètudes historiques'', de Lubac apela a [[Tomás de Aquino]] purificándoo das deformacións da [[escolástica]] enfrontada ao [[protestantismo]] e o [[xansenismo]]. Pretende establecer unha continuidade entre o natural e o sobrenatural. O home foi dotado polo creador dunha inclinación cara a trascendenciatranscendencia infinita, cara a eternidade e a plena felicidade. Só a acción de Deus pode colmar ese degaro. Non cabe unha división tallante entre a orde natural e a orde sobrenatural. A encíclica de [[Pío XII]] ''Humani generis'' foi o resorte dunha teoloxía cristiá integrista, que atacou estas formulacións ata acadar a súa censura e a sanción do que se chamou ''nouvelle théologie''. O autor sufrirá a condena ata a súa rehabilitación e recoñecemento por Xoán XXIII.
 
===Dimensión social e histórica do catolicismo===
Dende [[Israel]], Deus actúa na historia e se revela pola historia dun pobo ínfimo fronte aos colosais imperios ([[Exipto]], [[Asiria]], [[Babilonia]]...). Xa en [[Xesús de Nazareth]] introdúcese na historia conferíndolle unha consagración relixiosa que obriga a tomala en serio. Así pois, os acontecementos están cargados de eternidade. Sendo irreversible a duración, nada ocorre máis ca unha soa vez, de sorte que todo acto adquire unha dignidade particular e única. Como prolongación da presenza de Cristo, a Igrexa non é un grupo selecto de xustos, un reduto exclusivo de salvación, senón o depósito dunha [[graza]] inmerecida ao servizo de toda a humanidade. Na orde espiritual, como afirma [[Ambrosio de Milán]] non se posúe máis que o que se da.
 
Nese servizo, a Igrexa ha de responder ás inquedanzas da humanidade en cada tempo histórico. Aínda que sobre alicerces eternos, é unha casa en perpetua construción. A ''fidelidade a unha tradición non é nunca unha repetición servil''. De Lubac alerta contra unha catequese de reacción que provoca estreitezestreiteza do punto de vista e hipertrofia e desproporcinadesproporciona a verdade defendida, que pode ser ocasión de novos erros.
 
As promesas de progreso material, como as do [[marxismo]], someten aos homes a unha sociedade futura para a que se inmolan sen poder acadala. Fronte e isto, o [[materialismo]] do mundo occidental vive asulagadoasolagado no tempo, na ansiedade dun futuro ignorado. Evadido nas satisfaccións, o home non acerta a concederse a satisfacción esencial que o axude a reencontrarse. Só o home será el mesmo, existirá por si mesmo, dende agora, se descobre en si, no silencio, algunha zona intacta, algún segundo plano misterioso ao que, sombría ou indiferente, banal ou tráxica, non invada a actualidade. Segundo de Lubac, isto pódeo experimentar o crente pois o alén, para el, está infinitamente máis preto que o porvir,infinitamente máis próximo que o que nós chamamos presente. É o eterno instalado no corazón de todo o desenvolvemento persoal ao que anima e orienta. É o verdadeiro Presente, sen o cal o mesmo presente é po inasible. Se os homes de hoxe están tan traxicamente ausentes uns dos outros é, ante todo, porque están ausentes de si memosmesmos, unha vez abandonado o Eterno que é o único que lles arraiga no ser e lles permite comunicar entre si. Para o crente, ningún problema nin preocupación humana lle resulta extrañaestraña; todos o atinxen dun xeito tanto máis profundo canto é máis consciente das súas repercusións eternas.
 
===A Igrexa como realidade paradoxal===
 
De Lubac ten reflexionado como poucos sobre as realidades contradictoriascontraditorias da Igrexa. Santidade e pecado, universalidade e fragmentación en grupúsculos pechados, escatoloxía e terrenalidade forman parte dunha oposición de contrarios nos que o autor albisca unha unidade esencial.
 
Cando de Lubac se refire á Igrexa como realidade humana e divina focaliza a súa reflexión na Igrexa vivente, a que ''traballa e reza, a que obra e se recolle, a que recorda e busca, a que espera e a que ama; a que, nas mil situacións da existencia, vai tecendo vencellos visibles e invisibles'', a Igrexa dos humildes, que integra toda cultura ao tempo que é fogar dos pequenos, da moitedume simple e miserable. É neste pobo de Deus onde actúa o [[Espírito Santo|Espírito]], renovando a memoria viva de Cristo, sen a cal Xesús se esvaería nas tebras mestas dunha fragmentaria e imprecisa lembranza histórica.
 
A Igrexa é un medio sublime e necesario, ''pero ao fin e ao cabo provisional, como todo medio''. Non é para si mesma o seu propio fin. Isto ''esixe dos seus membros, e máis en particular da xerarquía, unha actitude humilde e de servizo, á imaxe da actitude adoptada polo [[Verbo]] na súa [[encarnación]] que non veu a ser servido, senón a servir''. (''ParadoxaParadoxo e Misterio da Igrexa'', 1967)
 
Para de Lubac a graza de Cristo obra tamén fóra da Igrexa visible, da súa doutrina e dos seus sacramentos, pero sería absurdo para quen pode coñecer o anuncio salvador da Igrexa limitarse a si mesmo a plenitude da redención que se encontra nela.
 
==Obras==
 
*''Catolicismo, aspectos sociais do dogma''.
*''Sobranatural''
*''O eterno femininoSobranatural''.
*''MeditaciónsO sobreeterno a Igrexafeminino''.
*''ParadoxaMeditacións esobre Misterio daa Igrexa''.
*''Paradoxo e Misterio da Igrexa''.
*''ExéxeseEsexese medieval''.
* ''O drama do humanismo ateo''
 
50.334

edicións