Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fryant (conversa | contribucións)
→‎Series de televisión: Contén contido traducido de fr:Formule 1
Fryant (conversa | contribucións)
Liña 366:
O mundo da Fórmula 1 só foi levado dúas veces á pantalla grande. O director americano [[John Frankenheimer]] foi o primeiro en abordalo en [[1966]], coa película ''[[Grand Prix (película)|Grand Prix]]''. Contando cun orzamento elevado para á época, cun reparto internacional ([[James Garner]], [[Yves Montand]], [[Toshiro Mifune]]) e con [[cameo]]s de pilotos reais ([[Bruce McLaren]], [[Jim Clark]], [[Graham Hill]] ou [[Lorenzo Bandini]] entre eles), ''Grand Prix'' describe de xeito romántico a vida dos pilotos de Fórmula 1, coas súas rivalidades deportivas e amorosas. A meirande parte das escenas de carreira foron gravadas con axuda de monoprazas de [[Fórmula 3]], máis grazas á técnica da cámara a bordo, aínda experimental para aquela época, o film puido contar con auténticas escenas de carreira tomadas durante o [[Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1966|Campionato Mundial de 1966]], e máis notablemente no [[Gran Premio de Bélxica de 1966]], que se disputou baixo unha forte chuvia. Incluso se o guión, os diálogos e a interpretación non son capaces de resistir o paso do tempo, os amantes do automobilismo ven no filme un bo testimonio do que foi a Fórmula 1 durante a década dos 60.
 
A outra película que ten lugar no universo da Fórmula 1 é ''[[Bobby Deerfield]]'', estreada en [[1977]] e dirixida por [[Sydney Pollack]], con [[Al Pacino]] como actor principal, e que trata dun piloto de Fórmula 1 cunha personalidade cínica ao que lle é diganosticada unha [[leucemia]]. Ao contrario que ''Grand Prix'', que é unha película sobre Fórmula 1, ''Bobby Deerfield'' é un melodrama que utiliza a Fórmula 1 como telón de fondo e a competición só está presente marxinalmente. A filmación tivo lugar durante o [[Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1976|Campionato Mundial de 1976]], e permite ver a pilotos como [[James Hunt]], [[Emerson Fittipaldi]] ou [[Carlos Pace]]. En canto ao ficcional Bobby Deerfield, corre coscoas colorescores da escudería [[Brabham]]-[[Alfa Romeo]].
 
===Series de televisión===