Unión Fenosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{referencias}}
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Liña 28:
En [[1995]], tralo éxito das exposicións bienais creadas en [[1989]] e denominadas [[Mostra Unión Fenosa]], creouse o [[Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa]], na [[Coruña]].
 
Fenosa participara desde a liberación das [[telecomunicacións]] neste sector, e en [[1998]] adquiriu unha participación da empresa de [[telefonía móvilmóbil]] [[Airtel]], traspasando a inversión ó ano seguinte ó grupo Aúna ([[Retevisión]] e [[Amena]]). Así mesmo, conta na actualidade (agosto de 2008) cun 35,44 % das accións da empresa galega [[R (telecomunicacións)|R]]<ref>[http://www.expansion.com/edicion/exp/empresas/energia/es/desarrollo/1152625.html www.expansión.com]</ref>.
 
No ano [[2000]] firmou un contrato cunha empresa petroleira [[Exipto|exipcia]], que permitiu a Unión Fenosa dispor de gas propio en orixe e así ter unha posición de vantaxe no sector. Ademais, creouse Soluziona como integradora das empresas de servizos profesionais do Grupo. A Central de Hermosillo, en [[México]] entrou en funcionamento en [[2001]] e constitúe o primeiro ciclo combinado de gas construído e operado pola empresa.
 
En [[2002]] eliminou do seu nome a palabra "Eléctrica" para reflexarreflectir a entrada noutros negocios (gas, telecomunicacións, etc.)
 
En [[2003]] entrou como socio estratéxico no accionariado de Unión Fenosa Gas a empresa italiana [[ENI]], que co 50% dos títulos, reforzou o posicionamento do Grupo nos mercados gasistas internacionais.