Xograr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Juglar.jpg|thumb|200px|Ilustración dun xograres nun cancioneiro medieval.]]
 
Un '''xograr''' era un artista polifacético dedicado ao divertimento e [[entretemento]] durante a [[Idade Media]] en [[Europa]]. O xograr adoitaba ser capaz de tocar instrumentos, cantar, contar historias ou lendas, recitar poemas, realizar acrobacias, remedar, amais doutros xogos e destrezas., Oshabíaos especializados, así os xograres músicos tocaban especialmentesobre todo instrumentos de corda, en especial a [[viola]], porén para interpretaren a lírica galega medieval facían uso predominantemente da [[cítola]], aqueles xograres que tocaban instrumentos de vento e percusión considerábanse de pouca categoría<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievas da Ría de Vigo''. Galaxia, 1998, páxina 63</ref>
 
Namentres que o trobador era un poeta lírico e compositor, o xograr soamente interpretaba as composicións, non era por tanto un creador. O seu cometido era exclusivamente o de entreter. Dentro da primeira etapa da Idade Media, entre o [[século X]] e a primeira metade do [[século XIII]] predominaban os ''xograres épicos'' (poetas cultos en realidade) que recitaban (non sempre) tiradas e fragmentos de poesía narrativa ou biográfica. A partir da segunda metade do [[século XIII]] e no [[século XIV]] predominan máis os ''xograres líricos'' que recitaban a chamada "poesía cortesá".