Arquitectura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Liña 1:
[[Ficheiro:Parthenon-Restoration-Nov-2005-a.jpg|thumb|300px|[[Partenón]] de [[Atenas]]]]A '''arquitectura da Grecia antiga''' é unha parte fundamental da cultura grega. A vida urbana grega e a súa organización democrática posibilitou a construción de edificios públicos. O centro da cidade grega era a praza pública, a [[ágora]], nun lugar próximo, elevado sobre un outeiro levantábase a [[acrópole]], recinto no que estaban os [[templo grego|templo]]s das principais deidades e en orixe tamén a morada dos gobernantes; a parte máis baixa da cidade estaba destinada ás clases populares. O templo, que tiña como función albergar a imaxe antropomórfica da divindade, participaba tamén do carácter público e democrático da sociedade. O edificio, sobre gradas, era de planta rectangular cunha sala central, [[naos]], onde se situaba a figura do deus, un [[pórtico]] dianteiro, [[pronaos]], onde se colocaba a ara, para a celebración dos [[rito]]s. Arredor do templo desenvolveuse axiña un pórtico columnado, [[peristiloperístilo]]. Tamén se construíron, aínda que eran menos frecuentes, templos circulares chamados [[tholos]]. Os teatros son o segundo tipo de edificio da Grecia antiga.
A arquitectura da Grecia antiga ocupa unha praza maior na historia da arquitectura europea occidental, e logo esta arquitectura tivo influencia sobre arquitecturas en varias outras partes do mundo<ref>Patrick Nuttgens, ''Histoire de l'architecture'' edición orixinal inglesa 1983, edición francesa de Phaidon 2002, ISBN 0-7148-9064-2 , páxina 86</ref>.
==Características==
==Caracteristicas==
 
A [[columna]] era o elemento protagonista da arquitectura grega, mesmo ata chegar a ser determinante das tipoloxías arquitectónicas, toda orde grega consta de dúas partes esenciais, unha sustentante, constituída pola columna, e outra sustentada, o entaboamento, entre as dúas partes gárdase unha estreita relación proporcional. A columna artéllase en tres elementos, a [[base (arquitectura)|base]], o [[fuste]] e o [[capitel]] e o [[entaboamento]] consta de [[arquitrabe]], [[friso]] e [[cornixa]].
 
A orde máis antiga é a [[orde dórica]], xorde xa na arquitectura prehelénica en madeira. A columna sen basabase descansa sobre o estilobatoestilóbata, o fuste é estriado con éntase e o capital consta dun equino e un ábaco; o entaboamento fórmano unha arquitrabe lisa, un friso de [[triglifotríglifo]]s e [[métopa]]s con relevos e unha cornixa.
 
A [[orde xónica]] formouse no século VI a.c. en [[Xonia]] como resultado da fusión de elementos da tradición exea e asiáticos. A columna é máis esvelta ca dórica, ten basabase, o fuste é acanalado e o capitel ten volutas baixo o ábaco. O entaboamento está formado por unha arquitrabe con bandas horizontais, friso con relevos e cornixa con dentículos.
 
A [[orde corintia]] xurdiu no último cuarto do século V a.c. como variante da orde xónica. O capitel está máis ornamentado e consta de varias ringleiras superpostas de [[follas de acanto]].
 
==AreasÁreas==