Fibrocemento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo e engado categoría
Liña 1:
O '''fibrocemento''' é un material empregado na construción, constituído por unha misturamestura de [[cemento]] e [[fibra]]s. O fibrocemento emprégase na fabricación de:
*Placas lixeiras e ríxidas.
*Tubos para auga a presión ([[rego]] ou [[abastecemento]] de auga potábel).
*Tubos para [[drenaxe]] ou [[sumidoiros]] por gravidade.
*Depósitos de almacenamento de pequeno tamaño.
*Chemineas...
 
As placas de fibrocemento son impermeábeis e fáciles de cortar e perforar. Empréganse principalmente como material de acabado de cubertas e para o recubrimento de paramentos exteriores que deban protexerse da chuvia, tuberías, baixantes, etc.
 
É un material relativamente económico, polo que se emprega amplamente na construción de alpendres, naves industriais, alpendres e instalacións provisionais. As placas constituídas por este material preséntanse lisas ou onduladas en distintas lonxitudes, ademais fabrícanse pezas especiais das máis variadas formas.
 
Para a fabricación do fibrocemento, orixinalmente empregábase o [[amianto]] como fibra, pero unha vez que se fixeron os patentes os problemas de [[asbestose]] que este provocaba, foise abandonando paulatinamente nos distintos países, empezando polos [[Estados Unidos de América]]. En Galiza abandonouse a partir dos anos 1990. Intentouse substituír o [[amianto]] por outros tipos de fibras na fabricación de fibrocemento, como fibras de [[celulosa]] ou [[fibra de vidro]], pero esta substitución só tivo un éxito parcial: logrouse a fabricación de placas de características homologábeis ás antigas fabricadas con [[amianto]], xa que as placas fabrícanse por un procedemento de [[prensado]]; porén, os tubos de todo tipo, que se fabrican mediante [[centrifugado]] do material, non lograron ser reproducidos con [[celulosa]], polo que se abandonou o seu uso.
 
[[Categoría:Materiais]]
[[Categoría:Construción]]
 
[[es:Fibrocemento]]