Ana de Cleves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 45:
[[Ficheiro:Bruyn Anne of Cleves.jpg|thumb|200px|left|Retrato de Ana de Cleves ao redor de 1540]]
 
Se cadra por iso, [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] non se sintiusentiu compracido coa chegada de Ana a [[Inglaterra]] aínda que casaron o [[6 de xaneiro]] de [[1540]] no [[Palacio de Placentia]], en [[Greenwich]], preto de [[Londres]]. Henrique arelaba crebar o enlace mais non quería ser violento nin inxusto con Ana, así que decontado atopou un pretexto para o divorcio. Esta maridanza foi o comezo da fin do [[Chanceler]] do rei, [[Thomas Cromwell]] , por ser el o que propuxera o matrimonio con Ana de Cleves crendo así que reforzaría os lazos con outros aliados luteranos.
 
Dentro das numerosas damas das que dispoñía Ana de Cleves, atopábase unha rapariga duns quince anos, mais non exenta de beleza, chamada [[Catarina Howard]], curmá da antiga raíña [[Ana Bolena]], da que o rei, ao igual que fixera coa súa curmá, namourouse rapidamente, iniciando unha apaixonada relación sentimental case de inmediato.
 
A maridanza foi anulada ao alegar que a maridaxe non se chegara a consumar, debido en certa forma as ansias que tiña o rei de se desposar con Catarina. Malia todo isto, Ana foi compensada con diversas propiedades, incluíndo o [[Castelo de Hever]], pertencente á familia da segunda muller de Henrique: [[Ana Bolena]] que acabara degolada pola orde e gusto do seu marido.
 
Convertida en princesa de [[Inglaterra]], Henrique outorgoulle o título de "A Súa Graza A Irmá do Rei". Ana permaneceupermanecería en Inglaterra durante o resto da súa vida.
 
Foi a derradeira das seis esposas de [[Henrique VIII]] en morrer, ocurrindo o seu deceso nas súas terras de [[Chelsea]], o [[16 de xullo]] de [[1557]], sendo sepultada na [[abadía de Westminster]]. Ao remate dos seus días reconverteuse ao catolicismo seguindo os consellos da que foi súa fillastra, [[María Tudor]].