Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis mans (incluída a de Colocci) as que traballarían no manuscrito, tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu do propio puño moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razos'' esquecidas polos copistas; ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados sobre o(s) orixina(l/is) por Colocci e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.
 
Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1560 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. Galaxia. 1998, páxina 50</ref>. Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a [[Arte de trobar]], e cinco [[lai]]s narrativos.
 
== Notas ==
<references/>
==Véxase tamén==
* [[Cancioneiro de Ajuda]]