Manuel Fandiño Ricart: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
novo artigo
 
m →‎Traxectoria: elexido > elixido
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Pintor de santos de profesión, comezou a destacar entre o movemento obreiro compostelán en [[1917]], cando dirixiu a folga xeral que rematou coa dimisión do alcalde liberal [[Luis Blanco Rivero]], e posteriormente, xunto con [[Ezequiel Rey Turnes]], posibilitou a adhesión de numerosas sociedades de oficio locais á [[CNT]]. En [[1925]] foi elexidoelixido Secretario Xeral da [[Confederación Rexional Galaica]], cargo que ocupou até [[1930]]. Durante a [[II República]] estivo como secretario liberado da Federación Rexional de Industria Pesqueira, domiciliada en [[Vigo]] até 1935 e en [[Marín]] até o [[Alzamento Nacional]] que deu lugar á [[guerra civil española]].
 
Mantívose agochado no seu domicilio até [[1945]]. Ao ano seguinte, coa reconstitución da CRG, foi de novo elexidoelixido Secretario, substituíndo ao coruñés [[Félix Álvarez Arganzúa]]. Foi detido o 11 de abril de 1947, e pasou cinco anos no [[cárcere de El Dueso]] ([[Santoña]]).
 
==Referencias==