Meliso de Samos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eo:Meliso el Samoso
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Liña 1:
'''Meliso de [[Samos]]''' (nado probablemente en [[-470 a. C.|470 a. C.]]) foi un [[estadista]] e comandante naval que contribuíu tamén á filosofía e exerceu certa influencia sobre o atomismo de [[Leucipo]] e [[Demócrito]].
 
Meliso comandou unha flota de Samos que derrotou aos [[Atenas|atenienses]] en [[441 a. C.|-441]] - [[-440 a. C.|440 a. C.]] aínda que [[Pericles]] obtivo finalmente a victoriavitoria. Foi discípulo de [[Parménides]], cuxas ideas filosóficas estendeu.
 
Os seus traballos, fragmentos dos cales foron preservados por [[Simplicio]] e atribuídos a Meliso por [[Aristóteles]] están dedicados á defensa da doutrina de Parménides. Están escritos en [[idiomadialecto iónicoxónico|iónicoxónico]] e consisten en longas series de argumentos. O ser, segundo el, é infinito, non ten principio nin final e non pode xurdir do non-ser. Non pode ser destruído porque é imposible para o ser converterse en non-ser e se pasa a ser outro ser non hai destrución.
 
Consérvanse algúns fragmentos do seu poema «Sobre o Ser» ou «Sobre a Natureza». [[Aristóteles]] cualifícao de rústico e obtuso por confundir o ser co mundo material. Mantén o concepto eleático da unidade, a eternidade, a homoxeneidade, a uniformidade e a inmobilidade do ser. Pero modifica o concepto de ser limitado e redondo como unha esfera, afirmando a súa infinidade. O ser (mundo) é infinito, sen principio nin fin; estas ideas influirán máis tarde en [[Spinoza]] para demostrar o [[monismo]] da substancia. Meliso mestura tamén ideas xónicas ([[Anaximandro]], [[Anaxímenes]]) coas da [[Escola eleática]].
Liña 9:
De acordo con Simplicio (''Physika''), Meliso difire de Parménides na súa distinción entre ser e ser absolutamente. Argumenta co fin de mostrar que o ser debe ser ilimitado en magnitude, e, polo tanto, un e inalterable. Calquera troco dunha fonte interna a unha externa, di, é impensable; o Un ou a realidade unitaria, de Parménides, é invariable en cantidade e en clase. Non pode haber división dentro da unidade, pois toda división implica espazo ou baleiro—pero o baleiro non é nada, e polo tanto, non é. Desenvolve que o ser é incorpóreo.
 
A dificultade fundamental que subxace nesta lóxica é o [[paradoxo]], máis claramente expresado por [[Zenón de Elea]], de que a evidencia dos sentidos contadicontradí o intelecto. O argumento abstracto mostra que o troco da unidade é imposible, aínda que os sentidos nos din que o cálido vólvese frío, o duro brando e o vivo morto.
 
Nin Meliso nin Zenón observaron que a aplicación destes métodos destrutivos atacan a raíz non só da multiplicidade sen tamén do Un cuxa existencia mantiñan. As armas que forxaron para defender a Parménides pódense usar co mesmo efecto contra as súas propias teses.