Vilariño Frío, Montederramo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*Parada do Sil -> Parada de Sil
Xas (conversa | contribucións)
Lp Vilariño Frío
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Vilariño}}
{{Parroquia
|nome = Vilariño FrioFrío
|imaxe = =
|lenda = =
|concello = Montederramo
|superficie = 3,2-
|poboación = (anoAno 2004) 29
|xentiliciodensidade = -
|entidades = 53
}}
 
{{Outroshomónimos|Vilariño}}
'''Santa María de Vilariño Frío''' é unha das 13 parroquias do concello [[provincia de Ourense|ourensán]] de [[Montederramo]], situada na [[comarca da Terra de Caldelas|Terra de Caldelas]].
 
Liña 23 ⟶ 24:
Aínda que historicamente situouse por Vilariño Frío o paso da [[Vía Nova]] do [[itinerario de Antonino]] (a vía romana XVIII que unía [[Braga]] con [[Astorga]]), os últimos estudos feitos por S. Alvarado, J. C. Ribas e Tomas Vega<ref>''La Vía Romana XVIII (Vía Nova). Revisión de su trazado y mensuración. II: de los Limici a los Cigurri''. ''Boletín Auriense'', Ourense, 2000</ref> afirman que esta discorría pola marxe sur do seu territorio, seguindo a liña leste-oeste de Nogueira, Vigueira de Abaixo, Cadaval, Covas e A Palela en dirección ao Camiño da Xe (situado un pouco por encima de Xinzo da Costa, no concello de Maceda).
 
Do que non cabe dúbida é de que porPor Vilariño Frío pasa o medieval Camiño Real da Cruz de Ferro, que, saíndo do Burgo de Caldelas, vai por Pereiro, Portela, Figueiras, Pousa, Santiago da Medorra, Abeledos (da Cruz de Ferro), Folgoso, A Retorta, Vilariño Frío e segue por Bouzas e Casetas do Rodicio baixando ó val de Maceda por Tioira. Como resto máis visible do paso deste camiño por Vilariño Frío conservase, aínda en bo estado, a chamada Ponte Vella, que consta de tres arcos semicirculares de luces distintas e bóvedas de medio punto. Arcos constituídos por perpiaños de labra moi esmerada e sentados "a oco". A construción actual é, probablemente do século XVII polas súas características construtivas: doelas, irregularidade do trasdous, moderado ancho da calzada, tipo de sillería, alzado e planta dos taxamares e rasante alombada. Por esta ponte pasou [[Frei Martín Sarmiento]] o día 3 ou 4 de novembro de 1755, logo de sentir o terremoto do 1 de novembro dese ano en [[Augas Santas, Allariz|Augas Santas]] ([[Allariz]]), na súa viaxe de volta a Madrid, deténdose medio día en Vilariño Frío para logo seguir camiño de San Paio da Aveleda.<ref>F. Martín Sarmiento: ''Escritos Xeográficos''. Xunta de Galicia, 1996; páx.64</ref>.
 
Na casa chamada dos «señores de Cornoces», na actualidade propiedade de dona Maruja Rodríguez, atópase un escudo cuartelado onde se representan as armas da familia Reinoso (coa cruz de Calatraba no primeiro cuartel), unha das familias máis potentes e coñecidas de Ourense do século XVIII que posuían pazo en [[Cornoces, Amoeiro|Cornoces]] ([[Amoeiro]]). Tamén están os escudos da familia Figueroa y Calderón, anteriores posuidores do pazo de Cornoces, (con folla de figueira e tres pequenos caldeiros, do segundo cuartel), da familia Ojea (castelo e media lúa, do terceiro cuartel) e da familia Castro (seis roeles de azur, no cuarto cuartel), da que descenden os [[condado de Lemos|Condes de Lemos]].
Liña 31 ⟶ 32:
A igrexa parroquial, dedicada a Santa María, presenta unha arquitectura [[neoclasicismo|neoclásica]] do século XVIII. No seu interior destaca o retablo maior pola súa riqueza decorativa, a ornamentación exuberante e a expresividade das imaxes. É un claro exemplo do [[barroco]] galego. O mesmo os dous retablos laterais: Cristo crucificado (á esquerda) e a Virxe Inmaculada (dereita) enmarcados en arcos neoclásicos. Foi de presentación laical da casa de Tor ata o ano 1957, no que o Bispo de Ourense, [[Ángel Temiño Saiz]] (1953-1987) fixo unha nova regulamentación do dereito do padroado na Diócese debido ao excesivo número de parroquias de presentación laical.
 
==Lugares de Vilariño Frío==
==Referencias==
{{Lp Vilariño Frío}}
{{referencias}}
 
 
==Parroquias de Montederramo==
{{Montederramo}}
 
==Notas==
<references />
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Lugares de Montederramo]]
 
[[Categoría:Montederramo]]