Corrente oceánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
recategorizo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lv:Okeāna straume; cambios estética
Liña 9:
As correntes oceánicas poden ter percorridos de miles de [[quilómetro]]s. Inflúen determinantemente no clima dos continentes, sobre todo nas rexións que bordean os océanos. En particular a [[corrente do Golfo]] ou Gulf Stream, que nace no [[Caribe]], proporciónalle á zona noroccidental de [[Europa]] uns invernos moito máis benignos do que lle correspondería pola súa [[latitude]]. Un exemplo oposto é o arrefriamento das [[illas Hawaii]] pola [[corrente de California]].
 
== Tipos ==
[[Ficheiro:Ocean currents 1911.jpg|thumb|right|350px| Correntes mariñas ([[1911]])]]
As correntes oceánicas divídense en [[corrente fría|correntes frías]] e [[corrente quente|correntes quentes]]. As correntes frías encóntranse, máis frecentemente no [[Hemisferio norte]] por seren as súas [[auga]]s máis [[frío|frías]] e con poucos [[peixe]]s. As correntes quentes áchanse, máis frequentemente no [[Hemisferio sur]] por seren as súas augas máis [[quente]]s.
 
=== Correntes de superficie e correntes profundas ===
As correntes próximas á superficie dos océanos débense en xeral aos [[vento]]s, e viran no [[hemisferio norte]] no senso do reloxio e no [[hemisferio sur]] en senso contrario. Nas correntes debidas ao vento, o efecto da [[espiral de Ekman]] provoca que as correntes avancen angularmente con respecto aos ventos que as producen.
Os ventos non teñen influencia nas correntes por baixo dos 800 m de profundidade.
 
As correntes de profundidade están causadas polo gradiente de temperatura e salinidade, co consecuente gradiente de densidade. A [[circulación termohalina]], unha circulación convectiva (conveccion debida á diferencia de densidades) afecta dun xeito global o conxunto das masas de auga oceánicas. É moi importante pola súa significativa participación no fluxo neto de [[calor]] desde as rexións tropicais cara ás polares, sen a que non se comprendería o clima terrestre. Ao fluír nas profundidades, tamén se chaman "ríos submarinos". É importante salientar que estas correntes de profundidade encóntrase interconectadas coas correntes de superficie, formando o chamado "cinto de convección", describindo o transporte de auga profunda do Atlántico ao Pacífico e o seu retorno pola corrente de superficie.
 
== Influencia ==
O coñecemento das correntes oceánicas é esencial na redución de custes de navigación, en canto ao aforro de combustible. Foi aínda máis fundamental cando a era da navigación a vela. Un bon exemplo é o da [[corrente das Agullas]], no [[océano Índico]], que entorpeceu a navigación portuguesa á India.
 
As correntes oceánicas son tamén moi importantes de cara ao esparexemento de moitas formas de vida. Un caso é o do cliclo de vida da [[anguía]].
 
== Medición ==
As correntes oceánicas mídense en [[sverdrup]]s, unidade que ten por símbolo Sv. Un Sv correspóndese cunha velocidade de fluxo de 10<sup>6</sup> metros cúbicos por segundo.
O instrumento de medición de correntes chámase [[correntómetro]]. Os modernos acostuman utilizar o [[efecto doppler]] para realizar a medición.
 
== Localización ==
[[Ficheiro:Thermohaline circulation.png|thumb|500px|Circulación das correntes polo mundo.]]
 
Liña 49:
# [[Corrente Kuro Shivo]]
 
== Véxase tamén ==
* [[Marea]]
* [[Corrente de marea]]
Liña 82:
[[km:ខ្សែទឹកមហាសមុទ្រ]]
[[ko:해류]]
[[lv:Okeāna straume]]
[[mr:समुद्री प्रवाह]]
[[nl:Zeestroom]]