Bufo pequeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Liña 8:
{{Taxonomia-fin}}
 
'''O bufo pequeno''' (''Asio otus'') é unha especie de moucho que cría en [[Europa]], [[Asia]], e [[Norteamérica]]. A estación de cría vai de febreiro a xullo. É parcialmente migratorio: os que viven nas zonas máis o norte movensemóvense cara ó sur no inverno. Adoita vivir en bosques ou fragas preto de campo aberto. Deixase ver con máis dificultades ca outras especies da súa familia.
Forma parte da familia ''Strigidae'', que comprende os bufos máis coñecidos.
 
==Descrición==
 
O corpo do bufo pequeno uns 36 cm. e a envergadura das súas alas é de 95 cm., o tamaño aproximado da [[avelaiona común]] (''Strix aluco''), aínda que é máis lixeiro, pesando de 220 a 280 gramos os machos e de 250 a 370 gramos as femias. Ten vistosas plumas na cabeza que recordan unhas orellas. O iris dos ollos do bufo pequeno é de cor amarela alaranxada brillante. A cara está dividida por unha liña de plumas elevadas. As alas son relativamente estreitas. A cor da plumaxe do bufo pequeno vai do castaño brillante á cor de terra amarelo ocre, con faixas e listas de cor castaño escuro. Os "antebrazos" son escuros e atravesados por bandas. En xeral nas femias predominan os tons escuros e os machos son algo máis claros. As cores e o debuxo xeral da ave son miméticos: un bufo pequeno e moi difícil de descubrir se está en pousado nunha pola.
 
==Distribución xeográfica==
 
A área de distribución da especie estendese dende as [[illas británicas]] por [[Eurasia]], incluíndo [[China]] e [[Mongolia]] ata a illa de [[SaxalínSakhalín]] e o [[Xapón]]. a súa fronteira norte márcaa ó bosque caducifolio boreal. En [[África]] aparece nos bosques dos montes [[Atlas]] e nos bosques de montaña de [[Etiopía]]. Vive tamén nas [[Canarias]] e [[Azores]]. En América aparece o sur de [[Canadá]] e o norte e centro dos [[Estados Unidos]],
[[Ficheiro:Asio otus dis.png|thumb|300px|Área de distribución]]
 
Liña 29 ⟶ 31:
O bufo pequeno precisa da presenza de campo aberto con plantas baixas. En [[Europa]] é unha ave de terras de cultivo, sobre todo de zonas verde, e zonas preto de pantanos. Ocasionalmente aparece en zonas alpinas, se a abundancia de presas o permite. Os bufos pequenos viven tamén en zonas de bosque só cando dispoñen de áreas despexadas para a caza. En cambio, sonlles moi axeitadas as beiras das zonas boscosas, que lles ofrecen abeiro de día e zonas de cría. Prefiren bosques de coníferas, nos que atopan niños vellos de corvo e pega que utilizan para criar. Se non dispoñen dese tipo de bosques poden utilizar soutos, pequenas agrupacións de árbores e mesmo sebes.Habita mesmo nos límites das cidades, sobre todo se dispón de superficies cultivadas próximas.
 
==ConductaConduta territorial==
 
O bufo pequeno e territorial só preto da zona de cría, que marca con chíos e con voos de demostración, durante os que fai bater as alas por debaixo do corpo. Se o alimento e suficiente as zonas de cría poden estar moi achegadas unhas ás outras. No inverno os bufos pequenos poden compartir ocasionalmente as zonas de repouso, chegando a xuntarse ata 200 exemplares que nese caso manteñen unha mínima distancia. Neses casos escollen árbores que serven de lugar para durmir durante varios anos. Nalgúns casos comprobouse que unha árbore foi utilizada durante máis de 100 anos como lugar para pasa-lo inverno, e poden chegar a comparti-locompartilo con outras especies de rapaces nocturnas. De feito o bufo pequeno non adoita ser agresivo con outras especies de estrixiformes.
 
==Voz==
 
Durante a época de cría os machos repiten separado por algúns segundos un berro apagado e monótono. A femia responde con outro berro monótono. O repertorio de sons conta tamén con asubíos e ruídos feitos co bico, que se usan principalmente para rexeitar ós intrusos. O repertorio de berros de alarma e moi variado.
 
As crías que xa deixaron o niño e aínda son alimentadas polos pais poden deixar oír un berro agudo durante horas pola noite, que ten sido usado para comprobar o estado das poboacións da especie.
 
Liña 42 ⟶ 45:
 
Cazan ó luscofusco e pola noite. En casos de moita escaseza de alimento poden cazar polo día. Antes de comeza-la caza limpan a plumaxe con moito coidado. O bufo pequeno caza durante períodos de dúas ou tres horas, fai unha pausa e continua a cazar con intensidade outras dúas ou tres horas ata a chegada do amencer.
 
O voo e silencioso e realizase bastante preto do chan e localiza as presas pola vista e o oído. Caza tamén espreitando, sobre todo ratos. Para capturar insectos pousase directamente no chan ou mesmo camiña polas polas.
 
A súa presa principal son os roedores, xeralmente ratos. Cazan tamén paxaros pequenos, coma os gorrións.
 
Liña 49 ⟶ 54:
 
===Cortexo===
 
Ó cumpriren o seu primeiro ano de vida os bufos pequenos son xa fértiles. Establecen parellas estacionais. As parellas fanse durante o inverno, no tempo en que os bufos dormen xuntos. E típico, porén, que os machos intenten atraer ó seu territorio ás femias cos seus berros a primeiros da primavera. Durante o cortexo o macho fai voos de demostración, amosando a parte inferior branca das plumas e facendo, as veces, bater as alas por baixo do corpo. Ese batido das alas faino tamén a femia cando esta preto dunha área potencial de cría..A esta fase pertencen tamén berros de aproximación.
 
Coma noutras especies de bufos europeos o macho tenta atraer á femia con chamadas en voz baixa. O bufo pequeno diferenciase doutras especies polos movementos de alas, plumas e dos penachos da cabeza moi característicos cos que acompaña as chamadas.
 
Liña 57 ⟶ 64:
 
===Os polos===
 
[[Ficheiro:Long_eared_owl_young_gfdl.jpeg|thumb|240px|Bufo pequeno dunhas catro semanas de idade]]
Os recen saídos do ovo pesan 16 gramos. Ö nacer pode xa adiviñarse a forma das futuras "orellas" que caracterizan á especie. As primeiras penas son substituídas por unha plumaxe de cor castaña brillante e unha mascara facial negra. Os polos deixan o niño as tres semanas e agáchanse nas zonas menos visibles da árbore na que naceron. De noite indican a súa posición cun berro agudo e repetido.As 10 semanas están en condicións de cazar, aínda que son alimentados polo menos unha semana máis.
Liña 64 ⟶ 72:
==Migracións==
 
O ''Asio otus'' é, en xeral, un emigrante parcial. Os que viven o nordeste de [[Europa]] viaxan cara o suroestesudoeste en inverno. Durante á época fría achéganse ós arredores das grandes cidades e areasáreas habitadas, onde é máis doado atopar alimento. Os exemplares que viven en lugares máis quentes non migran.
 
==Inimigos==
Liña 78 ⟶ 86:
==Situación das poboacións ==
 
As poboacións desta especie dependen das de ratos. Un descenso nas tasastaxas de reprodución destes roedores produce un sensible descenso do número de bufos pequenos na área afectada. As poboacións en [[Europa]] calcúlanse nunhas 200.000 parellas reprodutoras. Coma no caso doutras rapaces nocturnas o factor máis importante de conservación e manter a presenza de paisaxes naturais. Algúns investigadores suxiren a posibilidade de que a competencia da [[avelaiona comuncomún]] pode facer retroceder ós bufos pequenos. Estudios feitos nos [[Países Baixos]] parecerían demostralo, aínda que outros factores accesorios poderían explicar o descenso de poboación.
 
==Ligazóns externas==
 
{{Commons|Asio otus|Bufo pequeno}}
* [http://www.owlpages.com/species/asio/otus/Default.htm O bufo pequeno en owlpages.com (en inglés)]