Going Postal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Going Postal''' (que se traduce literalmente a Volvéndose Postal, aínda que tamén pode a Volvéndose Tolo nun sentido máis figurativo) é a 33va novela da saga de [[Discworld]..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2009 ás 23:27

Going Postal (que se traduce literalmente a Volvéndose Postal, aínda que tamén pode a Volvéndose Tolo nun sentido máis figurativo) é a 33va novela da saga de Discworld de Terry Pratchett, publicada en 2004. Esta é a primeira novela que ten a Moist von Lipwig como protagonista.

A novela estivo nomeada para Premio Nébula á mellor novela no ano 2005.

Argumento

Moist von Lipwig é un estafador moi dotado para dito traballo, pero ó momento de iniciala novela atópase nunha cela na cidade de Ankh-Morpork, baixo o pseudónimo de Alfred Spangler, esperando o súa vez para a forca, por ter roubado AM$150.000. Despois de ser colgado, atópase no Despacho Oblongo, a oficina de Lord Vetinari, o cal lle ofrece unha elección, pode irse pola porta, ou tomar el posto como xefe da Oficina Postal de Ankh-Morpork.

Moist supón que a saída fácil, leva a unha vida que pode non durar demasiado, así que acepta o ofrecemento de Vetinari, asumindo que máis tarde pode escapar. Cando acepta, dinlle que debe encontrarse co Sr Pump, o seu oficial de liberdade condicional. A través dunha Firma Karmica o Sr Pump é capaz de saber onde se atopa Moist en calquera momento, evitando o primeiro escape deste (un minuto despois de saír da oficina de Vetinari), e alí descobre que o Sr Pump é un Golem, e que o seu antigo nome es Pump 19 (que se traduce a Bomba hidráulica 19).

Con certa renuncia, Moist asume as tarefas do seu cargo, e a súa capacidade de manexar á xente, consegue primeiro colocala xente do correo do seu lado, e lentamente, a toda a cidade. Desde este posto introduce el concepto de Estampiña. Para isto conta coa axuda dos dous estraños empregados do Correo, o ancián Cartero Junior Groat, e o xoven Stanley, un coleccionista de alfinetes. Para a entrega do correo, inicialmente contrata golems, e aquí coñece a Adora Belle Dearheart unha xove a cargo do Fondo Común de Golems, unha forza de traballo de golems libertos.

Antes de darse conta, o correo está funcionando tan ben, que está competindo coa compañía de Clacks Grand Trunk no mercado local e dos Planos de Sto. O presidente do Grand Trunk é unha persoa sen escrúpulos chamado Reacher Gilt, a quen Moist rapidamente recoñoce como un gran estafador, e por tanto, comeza unha batalla de voluntades, para ver quen se queda co control das comunicacións na cidade.