Auga potable: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
recategorizo, engado normativa española e corrixo algunha cousa
Lameiro (conversa | contribucións)
ligazón ó RD 140/2003
Liña 2:
Denomínase '''auga potábel''' á auga que pode ser consumida por persoas e animais sen [[risco]] de contraeren [[enfermidade]]s. O termo aplícase á auga que foi tratada para o seu consumo humano segundo unhas normas de [[calidade]] promulgadas polas [[autoridade]]s locais e internacionais.
 
En España, a normativa que regula as características e controis da auga potábel e da súa subministración é o Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se estabelecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano <ref>BOE nº 45, de 21.02.2003. Esta norma traslada ó dereito español a Directiva Europea 98/83/CE, de 3 de novembro de 1998.</ref>, que estabelece valores máximos e mínimos para o contido en minerais, diferentes [[ión]]s como [[cloruro]]s, [[nitrato]]s, [[nitrito]]s, [[amonio]], [[calcio]], [[magnesio]], [[fosfato]], [[arsénico]], etc., ademais dos límites máximos dos [[xerme]]s [[patóxeno]]s. O pH da auga potábel debe de estar entre 6,5 e 8,5. Os [[control|controis]] sobre a auga potábel adoitan ser máis severos ca os controis aplicados sobre as augas minerais embotelladas.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se estabelecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 45, de 21.02.2003) [http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2003/03596]
 
[[Categoría:Bebidas]]