Presocráticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Os filósofos '''presocráticos''' son, como suxire o nome, os filósofos anteriores a [[Sócrates]].
 
Esa división acontece debido ao ''obxecto'' da [[filosofía]] destes filósofos e da novidade introducida por Sócrates. Temporalmente, os [[Sofistas]] son anteriores a Sócrates, pois xa había sofistas antes de Sócrates, contemporáneos a el e posteriores. Mais o pensamento deles situase nunha categoría propia en certas veces, e relacionados a Sócrates noutras veces. Iso porque o [[pensamento]] de ambos (sofistas e Sócrates) chega a tocarse moitas veces; as súas diferenzas consisten en cuestións de conductaconduta (os sofistas cobraban polo seu ensino, por exemplo) e algunhas posicións (os sofistas eran, no máis das veces, relativistas, por exemplo). Mais ambos representan unha certa ruptura cos presocráticos, que son tamén chamados de filósofos da [[physis]].
 
Tales filósofos, considerados pioneiros da [[Historia da Filosofía | filosofía occidental]], buscaban un principio, a '''[[arché]]''', que debería ser un principio presente en todos os momentos da existencia de todo. Esa arché debería estar no inicio, no desenvolvemento e no fin de todo.
 
Son chamados "da physis" porque as súas investigacións xiraban sempre en torno do mundo material, físico; aínda que non poucas veces oa arché fose algo non-físico, como os [[número]]s, para os [[pitagóricos]], ou o ''a-peiron'' (unha "cousa" increada e sen un comezo), para [[Anaximandro de Mileto|Anaximandro]].
 
== [[Parménides]] e [[Heráclito]] ==
Liña 13:
Foi neste grupo de filósofos onde comezou un dos maiores debates da filosofía occidental (e esa discusión prosegue aínda en aberto, aínda que non nos mesmos termos e á luz de todo o pensamento occidental desde aquela época ata hoxe), entre [[Parménides de Elea]] e [[Heráclito de Éfeso]].
 
Resumidamente: para Parménides e os seus seguidores ([[escola eleática]]), o [[movemento]] non existe. SúaA súa [[afirmación]] "o que é, é, e non pode non ser, e o que non é, non é, e non pode ser" traduce o seu pensamento de que calquera movemento (e/ou [[mudanza]]) non existe, polo simple feito de que, se hai movemento, hai mudanza, e se hai mudanza, algo que non era pasou a ser (ou ao contrario: algo que era pasou a non ser), o que contradí a "regra" da súa afirmación (se o que é ''é'' e non pode non ser, é imposible que haxa movemento, pois o movemento implica en mudanza, o que, pola regra de Parménides, non soamente está errado senón que é imposible). Xa Heráclito pensaba xustamente o contrario: "Panta rhei" ("todo flúe") é a súa afirmación. Heráclito identifica o ser, a arché, co movemento. Para el, a única cousa que pode ser clasificada de inmutable é o propio movemento, e todas as outras cousas que existen están en permanente movemento, en permanente mudanza, e é imposible que non sexa así. Heráclito exemplifica, dicindo que "non entramos dúas veces no mesmo [[río]]", o que é verdade, pois as augas dun río están sempre mudando, as propias [[célula]]s dos seres [[orgánico]]s están sempre renovándose, e mesmo nos seres [[inorgánico]]s hai mudanzas ([[oxidación]], [[erosión]], etc).
 
Sócrates non se interesou por este debate, por estar máis preocupado co [[ser humano]] que co que é externo ao mesmo ser humano (a ''physis''). Mais [[Platón]] e [[Aristóteles]], sen descoidaren tamén este enfoque dado por Sócrates ao ser humano, procuraron resolver ese problema levantados por dous dos filósofos da ''physis''.